De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Gratis.
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Inaugurada no 2015, a nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago situada na praza das Praterías cumpre 5 anos. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nestas actividades.
Debido a actual situación sanitaria derivada da expansión da pandemia producida polo COVID – 19 é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.es. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.
Sábado 7 de novembro de 2020 [19h00]
Concerto: grupo 1500.
O programa que ofrecerá o grupo percorre algúns dos principais puntos de peregrinación europeos dende finais da Idade Media ata os albores do século XVIII.
Normativa para a realización de actividades no MDPS 2020:
Reservas:
A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.
O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.
Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235
Moitas grazas polo voso interese e comprensión!
Normativa:
[Última actualización xoves 5 de novembro de 2020]