De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Inaugurada no 2015, a nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago situada na praza das Praterías cumpre 5 anos. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nas nosas actividades.
Debido a actual situación sanitaria derivada da expansión da pandemia producida polo COVID – 19 é necesario formalizar unha inscrición no correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.es. Só poderán acceder ás actividades aquelas persoas que teñan confirmación de reserva, esta será realizada por estrito orde de chegada.
Venres 6 de novembro [19h00]
Concerto: Pèlerinage. 1726
A viaxe de Guillaume Manier a Compostela
Fernando Reyes (tiorba).
Mercedes Hernández (soprano)
O concerto achega un novo inquilino ao MPDS: o xastre picardo Guillaume Manier. Os asistentes achegaranse ao seu relato, do ano 1726, da man da tiorba, o instrumento da Francia do barroco e dalgúns "instrumentos" máis. Pezas evocadoras e descritivas seguirán o itinerario da viaxe escrito polo mesmo peregrino, que seguiu a Gran Canción de Santiago, a mesma que guiara a milleiros de peregrinos e peregrinas de fala francesa polo Camiño de Santiago dende tempos remotos ata os inicios do século XX.
Este concerto forma parte do Plan de reactivación nos sectores turístico e cultural da Consellería de Cultura e Turismo fronte aos efectos da COVID-19 para a creación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Normativa para a realización de actividades no MDPS 2020:
Reservas:
A celebración da actividade permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración desta.
O uso da máscara é obrigatorio en todo momento así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico antes de entrar ao recinto.
Podes consultar o protocolo de entrada ao Museo en https://vimeo.com/437810235
Moitas grazas polo voso interese e comprensión!
Normativa:
ORDE do 21 de outubro de 2020 do DOG nº 212 - Bis pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
ORDE do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo.
[Última actualización martes 3 de novembro de 2020]