NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA DO MUSEO: O MDPS NO SEU CONTEXTO URBANO

Inaugurada no 2015, a nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago situada na praza das Praterías cumpre 5 anos. Convidámoste a celebrar con nós este día tan especial participando nestas actividades.

Domingo 8 de novembro de 2020  [actividade en liña]
O MDPS no seu contexto urbano

Ángel Panero, arquitecto do Consorcio de Santiago, guiaranos nun ameno percorrido polos exteriores e interiores do Museo poñendo a arquitectura do edificio en contexto coa contorna urbana máis inmediata. Así, revelará interesantes aspectos históricos e técnicos relacionados co proceso da súa construción inicial como sede do Banco de España en Santiago e posterior remodelación para se converter na actual sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago da man do arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

Poderase acceder ao vídeo nas nosas redes sociais.