NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
TARIFASTARIFASTARIFAS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2022

Festexamos o Día Internacional do Libro 2022 cunha serie de actividades on line e nas rúas de Compostela. Feliz festa do libro!

22 de abril: Festexamos o Día Internacional do Libro!

Actividades de mañá:

A biblioteca do Museo, nunha actividade conxunta de bookcrossing con 48 museos e centros de arte de toda España, liberará libros publicados polo museo nas rúas de Santiago. Na súa maioría son catálogos das nosas exposicións.
Os libros visitan as prazas, as cafeterías, as facultades, as estacións e moitos outros espazos que non te imaxinarías. Vai atento! Vai atenta! e poderás atopalos!Despois de lelos, podes liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen delas.

Esta actividade difundirase nas redes sociais do Museo (Facebook e Instagram
Ligazón ao vídeo da actividade de Bookcrossing 

Actividades de tarde:

Pola tarde, difundiremos nas redes sociais do Museo o novo centro de interese da biblioteca. É pouco coñecido que na biblioteca, ademais de libros sobre o Camiño de Santiago ou peregrinacións, temos outras temáticas que se relacionan coa nosa materia de especialización de forma directa ou indirecta. 

Entre estes temas están os referidos ao noso traballo diario, os libros de museoloxía e os de biblioteconomía, que serven de apoio ás nosas tarefas cotiás. Un dos que máis interesan ás nosas usuarias e usuarios externos é a bibliografía sobre a historia do libro. Por este motivo, para festexar este día, na biblioteca fixemos unha pequena escolma sobre esta temática. Poderá consultarse desde hoxe, venres 22 de abril. 

Ligazón ao listado de libros

23 de abril: Día Internacional do Libro.

Adopta un duplicado!

Cada 23 de abril celebramos o poder máxico dos libros. Os libros mergúllante noutros mundos, sálvante de naufraxios, convídante a viaxar, espertan o teu sentido estético e crítico, ábrenche portas que nunca imaxinaches, estimulan a túa creatividade, enriquecen o teu mundo e, finalmente, acompáñante e divírtente.

Pódenseche ocorrer mil cousas que che aporta o amor á lectura. Por este motivo cremos que a mellor maneira de pechar esta celebración é regalarvos un libro. Na biblioteca abrimos a nosa bolsa de duplicados. Se queres un, ven hoxe, 23 de abril, á nosa sede expositiva en Praterías e lévao.

Apresúrate, antes de que se acaben!

Feliz festa do Libro 2022!