NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2023

Festexamos o Día Internacional do Libro 2023 cunha serie de actividades en liña e nas rúas de Compostela. Feliz festa do libro!

Todas as actividades serán difundidas nas redes sociais do museo (Facebook e Instagram).

21 de abril: BOOKCROSSING 2023

Comezamos a mañá liberando libros nas rúas de Santiago. A biblioteca do museo participa novamente no bookcrossing organizado por Artium. Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, e con outras bibliotecas de museos e centros de arte de toda España puxémonos de acordo para encher de libros as cidades.

Facultades, estacións, mercados, parques... Vai atento, vai atenta, calquera lugar é válido para atopar algunha das nosas publicacións. Despois de lelos, poderás liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen deles. 

Participa con nós. Feliz Festa do Libro!

bookcrossing_2023_01 bookcrossing_2023_02

22 de abril: CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

Presentación nas redes sociais do centro de interese “Alfonso Sucasas”. Na biblioteca fixemos unha pequena mostra dos libros que temos sobre este pintor, cuxa obra se expón actualmente no museo (Sucasas. Camiño e mitoloxía).

Sucasas foi un pintor galego (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012) cuxa vida transcorreu entre Galicia, Madrid, Venezuela e o Brasil, lugares onde se foi fraguando a súa concepción da pintura. 

A comezos da década dos 90, o artista céntrase no Camiño de Santiago e na mitoloxía relixiosa. Detrás destas pinturas hai un profundo estudo das imaxes que ilustran libros, códices e outras fontes históricas; á vez que dota da súa persoal iconografía a crónicas e lendas xacobeas.

Se queres consultar estes libros, o horario da biblioteca é de luns a venres, de 9.00 a 14.30 h., na rúa San Miguel. A mostra estará na nosa sala ata o 31 de maio.

bookcrossing 2023 sucasas_02 sucasas_03 sucasas_04

23 de abril: NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Para finalizar, o día 23, presentamos a nosas novidades nas redes sociais.

Para isto fixemos unha pequena selección das máis demandadas cunha breve reseña para que as coñezades máis fondo. Hai libros de peregrinacións, de museos, de historia e arte, da cidade de Santiago...

Esperamos que vos interesen!

novidades_biblio

Feliz Día do Libro