De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Gratis.
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
No Museo das Peregrinacións e de Santiago festexamos o «Día Internacional dos Arquivos».
A función arquivística nos museos é moi importante. A preservación dos seus fondos documentais é unha peza clave para a historia das súas coleccións e da propia institución, teñen un valor único e irremplazable para a conservación e salvagarda da memoria patrimonial.
Forman parte do patrimonio cultural dos museos os fondos museográficos (as coleccións) e os numerosos fondos documentais derivados das tarefas cotiás e de administración. Ambos os dous forman parte do seu patrimonio cultural, son fontes de información e memoria viva dos museos.
A través dos fondos documentais podes atopar unha infinidade de Historia e historias. Mergullarse nestes arquivos é unha viaxe apaixonante no tempo a través das letras!
Para festexar este día traemos a colación un exemplo de «Real Provisión» de Felipe IV. Foi emitido para que, D. Francisco Fernández de la Cueva Enríquez, duque de Albuquerque, arme cabaleiro da Orde de Santiago a D. Antonio Fernández de Castro, a quen o rei fixera mercé por cédula do 26 de abril anterior e ordena.
Trátase de dous documentos relacionados:
- Un dobre folio manuscrito con selo real en seco coa concesión do hábito da Orde de Santiago a Antonio Fernández de Castro; asinado «Yo el rey» en Madrid a vinte e nove do mes de maio de 1665.
- O seguinte documento, en dous dobres folios dobrados e cosidos formando catro follas autentifícase cómo se armou cabaleiro á nomeada persoa. Asinado polo Duque de Albuquerque.