De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Gratis.
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
O Museo das Peregrinacións e de Santiago ten programadas unhas xornadas eclécticas destinadas a satisfacer os intereses dos diversos públicos que nos visitan.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago ten programadas unhas xornadas eclécticas destinadas a satisfacer os intereses dos diversos públicos que nos visitan. Desde actividades didácticas para os máis pequenos e pequenas, centradas nos fondos arqueolóxicos, a actividades de lecer que farán do museo un punto de encontro cultural para a rapazada.
Convidámosvos tamén ás visitas contadas especiais DIM, que nos propoñen reflexionar sobre o poder dos museos poñendo unha lupa no traballo invisible que esconden. Así mesmo, contamos coa estrea do documental divulgativo da Translatio, con pases presenciais no museo e por redes sociais. Para o público máis versado, conferencias e obradoiros especializados de diversa temática: fotografía, historia, música, etc.
No obradoiro colaborativo de cestería experimentaremos para ir construíndo entre todos e todas unha estrutura que simbolizará unha alegoría con múltiples significados: a unión fraternal entre as persoas pero tamén, o simbolismo da construción fraternal do Camiño, que co andar de diversas xentes ao longo da historia marcaron os diversos fíos que conflúen nunha meta común, Santiago.
Para o MdPS esta estrutura será un potente emblema da unión entre o Museo e todas as persoas que conforman a súa comunidade, do mesmo xeito que o vimbio sostén esta estrutura, a xente é o soporte da nosa institución, o poder dos Museos sodes vós!
Desta forma completamos un programa para gozar conxuntamente desta festa dos museos e da cultura!
Estrea do Documental divulgativo «A Translatio»
Pases desde as 11:00h até as 13:00h
Todos os públicos
Auditorio do Museo
Estrea do documental, de carácter divulgativo, sobre a lenda fantástica da Translatio. Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se narra a chegada do corpo de Santiago apóstolo desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón.
Duración do documental: 9 min. Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00h en galego, castelán e inglés.
Visitas contadas DIM: «O poder dos Museos»
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos
Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica.
Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.401
Espectáculo familiar: CÉ Orquestra Pantasma
18:00h Auditorio
Público familiar
[Recoméndase a asistencia con nenos e nenas maiores de 3 anos]
Ao son do ritmo de CÉ Orquestra Pantasma, cóntase e cántase a viaxe dunha xoaniña que, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará. Espectáculo participativo, divertido e dinámico, no que a música e a palabra teñen o protagonismo.
Actividade dispoñible até completar capacidade do Auditorio.
Documental divulgativo «A Translatio»
Pases desde as 11:00h até as 13:00h
Todos os públicos
Auditorio do Museo
Pases para visionar no auditorio do Museo o documental, de carácter divulgativo, sobre a lenda fantástica da Translatio. Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se narra a chegada do corpo de Santiago apóstolo desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón.
Duración do documental: 9min. Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Visitas contadas
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos
Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica.
Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.40
Documental divulgativo «A Translatio»
Pases desde as 11:00h até as 13:00h
Todos os públicos
Auditorio do Museo
Estrea do documental, de carácter divulgativo, sobre a lenda fantástica da Translatio. Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se narra a chegada do corpo de Santiago apóstolo desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón.
Duración do documental: 9min. Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Visitas contadas DIM: «O poder dos Museos»
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos
Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica.
Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.401
Obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o Tempo»
A cargo das fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade
De 16:00h ás 19:30h
Prazas limitadas
Máis información e inscricións en https://museoperegrinacions.xunta.gal/gl/actividades
Os días 20 e 21 de maio o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o tempo» dirixido a profesionais e afeccionados da fotografía. Será impartido polas fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade. Prazas limitadas.
Conferencia da mostra «Percorrer o Tempo»
Olivia Arthur e Carla Andrade
20:00h
Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Todos os públicos
Presentación pública a cargo de Olivia Arthur e Carla Andrade, moderada polo comisario Nicolás Combarro, sobre o proxecto «Percorrer o tempo». Mostra itinerante.
Prégase confirmación de asistencia no 881.867.401
Obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o Tempo»
A cargo das fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade
De 10:00h ás 14:00h
Prazas limitadas
Máis información e inscricións en https://museoperegrinacions.xunta.gal/gl/actividades
Os días 20 e 21 de maio o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o tempo» dirixido a profesionais e afeccionados da fotografía. Será impartido polas fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade. Prazas limitadas.
Obradoiro de Cestería colaborativa: «Os nexos que nos unen»
Idoia Cuesta
11:00h Soportais do Museo
Todos os públicos
Obradoiro aberto para que calquera persoa poida participar e experimentar co traballo do vimbio para ir construíndo entre todos e todas unha estrutura que simbolizará a unión fraternal entre as persoas, e que unha vez rematada poderá ser reubicada e reutilizada polo Museo.
Visitas contadas DIM: «O poder dos Museos»
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos
Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica.
Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.401
Conferencia: «Vida de músico na Galiza medieval»
Francisco Luengo
19:00h Auditorio do Museo
Todos os públicos
A música sempre foi un elemento destacado nos ámbitos da peregrinación e da relixiosidade; os músicos, os compositores, os instrumentos, os luthiers, as sonoridades e por iso resulta atractivo documentar o proceso de investigación feito en relación ás réplicas dos instrumentos musicais medievais expostos no Museo.
Actividade dispoñible até completar capacidade do Auditorio.
Obradoiro de Torques Castrexos
11:00h
Público familiar
[Recoméndase a asistencia con nenos e nenas de entre 6 e 12 anos]
Cada participante construirá o seu propio torques como un antiquísimo símbolo de poder.
Reserva en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881.867.401.
Visitas contadas DIM: «O poder dos Museos»
Ás 12:00h