NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Cada ano, o 18 de maio, o Consello Internacional de Museos (ICOM) organiza o Día Internacional dos Museos (DIM), un evento mundial que destaca o papel transformador dos museos na sociedade. En 2025, o DIM explorará «O futuro dos museos en comunidades en constante cambio»,  centrándose en como poderíamos contribuír, desde as nosas intitucións, a navegar por un mundo que experimenta profundos cambios sociais, tecnolóxicos e ambientais. 

«O futuro dos museos en comunidades en constante cambio». Os museos como catalizadores do cambio.

Os museos son máis que espazos de conservación: son participantes activos na configuración de comunidades sostibles e inclusivas. O tema deste ano alíñase con tres Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 8: Os museos apoian as economías locais creando oportunidades de emprego e ofrecendo programas educativos que empoderan ás comunidades.  
  • ODS 9: Ao fomentar a creatividade e adoptar os avances tecnolóxicos, os museos impulsan a innovación e melloran a accesibilidade.  
  • ODS 11: Os museos contribúen ao desenvolvemento urbano sostible actuando como centros culturais que promoven a inclusión, a resiliencia e a preservación do patrimonio.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar esta xornada coa nosa comunidade. Dous días de actividades cun claro protagonismo da cultura popular e tradicional galega. 

17/05/2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
10:30 - 13:30h
Regos pandeiretas

Soportais do Museo (Praza das Praterías)
Público recomendado +14
*Inscrición previa 
OBRADOIRO COMPLETO. LISTAXE DE AGARDA

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poesía popular oral, personificado nas cantareiras, o Museo das Peregrinacións e de Santiago festexa esta xornada coa realización dun obradoiro de creación de pandeireta. 

Impartido por dous experimentados artesáns, de Regos Pandeiretas (Ordes), terá unha duración aproximada de tres horas e os participantes sairán del cunha pandeireta de elaboración propia. 

OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO
11:30 - 12:30h 
Crearte Servizos Culturais

Terceiro andar 
Público recomendado +6 anos
*Inscrición previa
OBRADOIRO COMPLETO. LISTAXE DE AGARDA

Isaac Díaz Pardo, destacado artista e intelectual galego, foi homenaxeado no Día das Artes Galegas 2025. Aproveitando esta circunstancia o museo ofrece un obradoiro centrado na cerámica, unha das súas facetas más representativas. 

18/05/2025
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN
11:30 - 14:00h
LeComigo

Terceiro andar
Público recomendado +18
*Inscrición previa en: reservas [at] lecomigo.gal (reservas[at]lecomigo[dot]gal)

Visita á mostra «Santiago ilustrado», lectura en silencio e sesión de micro aberto para falar de museos, arte e artistas, con máis actividades. Coordinado por Mercedes Corbillón. Toda a información en @LeComigoSantiago.

ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE
12:00 h
Agrupación Folklórica Aturuxo

Soportais do museo
Todos os públicos

Celebramos o Día Internacional dos Museos remarcando o carácter festivo deste día. Organízase nos soportais do museo unha actuación musical baseada no folclore popular galego, coa posibilidade de acompañamento de baile. Broche final do DIM'25, cunha actividade coa que festexar esta xornada desde a nosa cultura tradicional e coa nosa comunidade. 

O evento correrá da man da Agrupación Folklórica Aturuxo de A Coruña, da que formaron parte durante toda a súa traxectoria as Pandeireteiras de Mens (Malpica), homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Entre o seu repertorio destacan diversas obras de gaita, tales como a Muiñeira de Lañas e pandeireta, destacando as pezas e bailes da zona de Santiago. 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA

Todas as actividades son de balde.

Os obradoiros CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS e ISAAC DÍAZ PARDO desenvolveranse con reserva previa en  reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). ou no 881.867.322 (horario de mañá). 

A actividade LE COMIGO desenvolverase con inscrición previa en reservas [at] lecomigo.gal (reservas[at]lecomigo[dot]gal)

Actividades con inscrición previa en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). ou no 881.867.322 (horario de mañá)
Datos a achegar*: 
Nome e apelidos
Idade
Nome e apelidos do adulto responsable 
Teléfono de contacto
Observacións

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina oficial do ICOM sobre o DIM 25

LeComigo

Descarga o programa completo