NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

MUSEO EN FAMILIA

Durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha a cuarta edición de Museo en Familia, un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Este ano Xacobeo 2021 non queriamos perder a oportunidade que se nos brinda de achegarnos un pouco máis ao noso público e que nos coñezades mellor. Nesta nova edición de Museo en Familia poñemos o punto de mira nos fondos museísticos do centro. O Museo das Peregrinacións e de Santiago conta con importantes coleccións de escultura, pintura, acibeche, gravado, artes decorativas en xeral, así como de bens arqueolóxicos, elementos etnográficos e fondos documentais e bibliográficos. Deste xeito abrimos unha nova vía de comunicación entre o Museo e a cidadanía a través de talleres, visitas teatralizadas e por suposto, da música, que nos permitirá achegarvos todos estes bens culturais tan próximos e ás veces, tan descoñecidos.

Debido á situación sanitaria derivada da pandemia orixinada pola COVID-19, teremos que axustarnos a unha serie de normas específicas. A celebración das actividades permanece condicionada pola normativa sanitaria que estea vixente no momento da celebración destas. As actividades teñen un aforo limitado, polo que é preciso realizar unha reserva no teléfono 881.867.401 ou no correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal.

​​

PROGRAMA

Outubro

Domingo 10 de outubro ás 11:00
Obradoiro 
Escritura con instrumentos históricos
Inclúe visita a fondos documentais da exposición permanente.
Soportais do Museo na praza das Praterías
[8 a 14 anos*]

Sábado 23 de outubro ás 18:00 
Espectáculo familiar
Arrieira Xarope Tulú
Espectáculo que combina narración oral e música en directo a través do conto tradicional.
Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
[Público familiar*]

Novembro

Sábado 13 de novembro ás 11:30 
Obradoiro
Desenterrando vitrinas 
Obradoiro arqueolóxico con visita aos fondos arqueolóxicos da exposición.
Cafetería do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 
[8 a 13 anos*]

Sábado 13 de novembro ás 17:00 
Obradoiro
Desenterrando vitrinas 
Obradoiro arqueolóxico con visita aos fondos arqueolóxicos da exposición.
Cafetería do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 
[8 a 13 anos*]

Sábado 27 de novembro ás 11:30
Obradoiro
Unha barca, un corvo, dúas viaxes 
Obradoiro de selos. 
Cafetería do Museo das Peregrinacións e de Santiago 
[5 a 12 anos*]

Sábado 27 de novembro ás 17:00
Paseo con musa

Vista teatralizada á exposición permanente.
[Todos os públicos*]

Sábado 27 de novembro ás 18:00
Paseo con musa

​Vista teatralizada á exposición permanente.
[Todos os públicos*]

Decembro

Sábado 11 de decembro ás 11:30
Obradoiros 
Desenterrando vitrinas 
Obradoiro arqueolóxico con visita aos fondos arqueolóxicos da exposición.
Cafetería do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 
[8 a 13 anos*]

Sábado 11 de decembro ás 11:30
Obradoiros 
Unha barca, un corvo, dúas viaxes 
Obradoiro de selos. 
Lucernario do Museo das Peregrinacións e de Santiago 
[5 a 12 anos*]

Sábado 11 de decembro ás 17:00
Obradoiro 
Escritura con instrumentos históricos 
Inclúe visita a fondos documentais da exposición permanente.
Cafetería do Museo na praza das Praterías
[8 a 14 anos*]

Sábado 18 de decembro ás 19:00 
Concerto
Cantando o Camiño Trobairitz.
Concerto da soprano Esperanza Mara. Unha viaxe musical en formato de concerto didáctico interactivo. 
Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago. 
[Público familiar*]

Inscricións e reservas no teléfono 881.867.401 e no correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal 

*Público recomendado.