De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Como xa é tradición durante os meses de outubro a decembro o MDPS pon en marcha a quinta edición de Museo en Familia, un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.
Nesta nova edición de Museo en Familia poñemos o punto de mira nos fondos museísticos do centro. O Museo das Peregrinacións e de Santiago conta con importantes coleccións de escultura, pintura, acibeche, gravado, artes decorativas en xeral, así como de bens arqueolóxicos, elementos etnográficos e fondos documentais e bibliográficos.
Abrimos así unha nova vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, visitas e teatro, que nos permitirá achegar todos estes bens culturais tan próximos e ás veces tan descoñecidos.
15/10/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Unha barca, un corvo, dúas viaxes»
Público recomendado: familias con crianzas de 5 a 12 anos
Neste obradoiro coñeceremos as dúas peregrinacións que son Patrimonio da Humanidadade a través dos seus selos: Camiño de Santiago e Kumano Kodo. Completarase o obradoiro cunha pequena visita á planta baixa do Museo das Peregrinacións e de Santiago onde veremos obxectos destas e doutras peregrinacións que existen no mundo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
22/10/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Pinta o teu bordón peregrino»
Público recomendado: familias con crianzas de 4 a 10 anos
Nesta creativa actividade realizaremos unha panorámica da iconografía xacobea. Transmitirase aos participantes a relevancia dos símbolos máis característicos do Camiño de Santiago. Este obradoiro contará cunha gran sorpresa final.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
12/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Pai, fillo, nai»
Público recomendado: familias con crianzas de 1 a 7 anos
Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
19/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Misterio no museo»
Público recomendado: familias con crianzas de 8 a 13 anos
Cluedo en vivo no museo! Os participantes deberán resolver o misterio da vieira desaparecida.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
26/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Materiais de Partida»
Público recomendado: familias con crianzas de 6 a 12 anos
A través das obras expostas no museo iremos coñecendo as materias primas coas que foron feitas. Ao longo do paseo iremos completando un caderno coas nosas observacións. Remataremos co achegamento físico a algúns deses materiais e mesmo poderemos tocalos, ben como elemento natural, ben como obxectos rematados.
Información sobre accesibilidad. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
03/12/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Misterio no museo»
Público recomendado: familias con crianzas de 8 a 13 anos
Cluedo en vivo no museo! Os participantes deberán resolver o misterio da vieira desaparecida.
Información sobre accesibilidad. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
17/12/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Camiñando pola lenda»
Público recomendado: familias con crianzas de 3 a 13 anos
Nesta ocasión centrarémonos na máxica lenda da Translatio. Pequeno obradoiro interactivo, para os máis cativos e cativas da casa, no que profundaremos nesta narración que conta a chegada do Apóstolo e a fundación de Santiago.
Información sobre accesibilidad. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
17/12/2022 [sábado]
18:00 a 19:00: Teatro «Amigos, viaxes, lendas...»
Público recomendado: familias con crianzas de 3 a 13 anos
Cabaret familiar no que o público pode participar nas accións propostas polo mestre de cerimonias.
Información sobre accesibilidad. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Incricións nas actividades
Chamando ao 881.867.401
Escribindo a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal
Información importante: nome do neno/nena; idade; nome do responsable; correo electrónico e/ou teléfono de contacto; observacións.