NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

MUSEO EN FAMILIA 2024

Durante os meses de setembro a novembro o MDPS pon en marcha a sétima edición do programa Museo en Familia. Unha programación diversa e integradora que busca converter o museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar. 

Estas actividades forman parte do Plan Corresponsables, cuxo obxectivo é contribuír á conciliación familiar e á igualdade efectiva entre homes e mulleres. Esta actividade está impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).

Nesta edición de Museo en Familia volvemos contar coa colaboración da Fundación Andrea e a nova colaboración da Fundación Asanog, coas que se levarán a cabo diversos obradoiros no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). Estas actividades estarán reservadas para os nenos e nenas alí ingresados e pechadas ao público en xeral. Do mesmo xeito, volvemos contar coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados. 

O programa Museo en Familia busca abrir unha vía de comunicación, lúdica e didáctica, entre o museo e a cidadanía. As actividades están deseñadas para establecer unha conexión coas  temáticas e os fondos artísticos do centro, o que nos permitirá achegar, e facer máis accesible, o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.

MEF1     MEF2     MEF3     MEF4

      

INSCRICIÓNS

*Cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal)

PROGRAMA

SETEMBRO

21/09/2024
Obradoiro: «Construción de xistros»
Slseanín
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Achegádevos a construir con nós un xistro! O xistro é un antiquísimo instrumento de percusión de orixe africana que en Galicia empregamos para acompañar ao canto. Empregaremos madeira de pino e ferreñas tradicionais ou de material de refugallo.

Información en pictogramas CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino.

Información en pictogramas CIMA / Allure

28/09/2024
Obradoiro: «Kakelliku»
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
[*Necesaria inscrición previa]

O kakelliku é unha ornamentación ritual xaponesa, que vai mudando nas catro estacións do ano. Realízase sempre en sentido vertical e con deseños relacionados coa natureza. Os elementos naturais presentes tradicionalmente nestes ornamentos curiosamente son moi próximos aos elementos naturais galegos: flores (camelia e hortensia), animais (vaca, can), alimentos (castaña, pexego).

Cadaquén poderá escoller a estación do ano, aprender a escribir o nome en xaponés deses elementos e deseñar o seu propio kakelliku.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino.

Información pictograma CIMA / Allure

OUTUBRO

05/10/2024
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
17:30 – 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS
[Obradoiro pechado, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
17:15 – 19:30
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Lectura pechada, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino.

Información pictograma CIMA / Allure

12/10/2024
Teatro familiar: «A Cabaleira»
Medievándalos
18:00 – 19:00
Público recomendado: todos os públicos

Coa obra de teatro «A Cabaleira», Medievándalos propón unha divertida actividade que fomenta a igualdade. Valentina é unha princesa destinada a ser a próxima raíña, pero para iso terá que buscar un cabaleiro que sexa rei... ou non? Non pode ela gobernar e guerrear igual que un home?

Información pictogramas CIMA / Allure

Lectura interrompida
17:45 – 19:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino.

Información pictograma CIMA / Allure

19/10/2024
Obradoiro: «Quebracabezas»lse

11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Durante esta actividade reconstruiremos cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

Información pictograma CIMA / Allure

26/10/2024
Obradoiro: «Papel de algodón e dourado»
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 10 anoslse
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Obradoiro baseado na manufactura e encadernación de libros. Durante a súa realización os participantes poderán facer pregos e preparar os cadernos para coser e decorar o caderno coa técnica do dourado.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino. 

Información pictograma CIMA / Allure

NOVEMBRO

02/11/2024
Teatro familiar: «A Cabaleira»

Medievándalos
17:30 – 18:15
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Coa obra de teatro «A Cabaleira», Medievándalos propón unha divertida actividade que fomenta a igualdade. Valentina é una princesa destinada a ser a próxima raíña, pero para iso terá que buscar un cabaleiro que sexa rei... ou non?Non pode ela gobernar e guerrear igual que un home?

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
17:15 – 18:30
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Lectura pechada, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

Información pictograma CIMA / Allure

16/11/2024
Obradoiro de numismática:
«Pesetas e duros; cans e patacóns. Do denario ao euro»

11:30 – 13:00lse
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Moedas, cartos, diñeiros; denarios, maravedies, euros; bronces, ouros, billóns... Son conceptos que mudaron moito no tempo, pero que fan referencia a unha disciplina, a numismática.

Neste obradoiro visitaremos as diferentes coleccións de moedas expostas no museo (tesouriños, achádegos arqueolóxicos...). Veremos como foron evolucionando no tempo as moedas e remataremos elaborando as nosas propias acuñacións na ceca do MdPS.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino.

Información pictograma CIMA / Allure

23/11/2024
Obradoiro: «Quebracabezas»

11:30  - 13:00lse
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Durante esta actividade reconstruiremos cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

Información pictograma CIMA / Allure

30/11/2024
Obradoiro: «Roupas»

Alejandro Regueirolse
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Nesta actividade coñeceremos a evolución da indumentaria dos peregrinos e peregrinas ao longo da historia.

Información pictograma CIMA / Allure

Lectura interrompida
11:00 – 13:30
Público recomendado: todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

Información pictograma CIMA / Allure

Concerto didáctico: «Carolina Rubirosa LIVE»
Carolina Rubirosa
18:00 – 19:00
Público recomendado: todos os públicos.

Carolina Rubirosa, cantante, compositora, produtora e creadora cultural de Galicia, ofrecerá un concerto didáctico como peche da programación Museo en Familia 2024.

Información pictograma CIMA / Allure

Onde

As actividades terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, agás aquelas nas que se especifica a súa celebración no CHUS.

A recepción dos participantes dos obradoiros realízase na recepción do museo. As actividades desenvolveranse entre as diversas salas expositivas e o espazo denominado «cafetería», no terceiro andar. 

A función teatral do día do sábado 12 de outubro, «A Cabaleira», e o concerto do día 30 de novembro, «Músicas peregrinas»; terán lugar no auditorio do museo, planta soto. 

As actividades dos días 5 de outubro e 2 de novembro terán lugar na Aula Andrea do Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS. Non permiten inscrición previa, quedan reservadas para os pacientes do centro. 

Máis información

Programa

Formulario de inscrición [enviar a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal)]

Organiza

mef mdps   corresponsables    Ministerio  

Colabora

Fundación Andrea   ASANOG   FAXPG