NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

MUSEO EN FAMILIA 2025

Durante os meses de setembro a novembro o MDPS pon en marcha a oitava edición do programa Museo en Familia. Unha programación diversa e integradora que busca converter o museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar. 

Estas actividades forman parte do Plan Corresponsables, cuxo obxectivo é contribuír á conciliación familiar e á igualdade efectiva entre homes e mulleres. Esta actividade está impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).

Nesta edición de Museo en Familia volvemos contar coa colaboración da Fundación Andrea e a colaboración da Fundación Asanog, coas que se levarán a cabo diversos obradoiros no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). Estas actividades estarán reservadas para os nenos e nenas alí ingresados e pechadas ao público en xeral. Do mesmo xeito, volvemos contar coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados. 

O programa Museo en Familia busca abrir unha vía de comunicación, lúdica e didáctica, entre o museo e a cidadanía. As actividades están deseñadas para establecer unha conexión coas  temáticas e os fondos artísticos do centro, o que nos permitirá achegar, e facer máis accesible, o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.

MEF1  MEF2  mef4  MEF4

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

  • Cada actividade ten un número máximo de 10 nenos/as inscritos/as. As prazas cubríranse por orde de inscrición, e formarase unha lista de agarda en caso de que a actividade estea completa

  • As actividades teñen un carácter familiar, e os nenos e nenas poden estar acompañados polos/as adultos/as responsables

  • Todas as actividades do programa, agás aquelas organizada no CHUS e o concerto do día 29 de novembro, requiren inscrición previa

  • Para realizar a inscrición é necesario cumplimentar e enviar o formulario ao correo reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal (reservas[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal). A praza non estará asegurada ata recibir un correo de confirmación

PROGRAMA

SETEMBRO

20/09/2025lse
Obradoiro: «Instrumentos tradicionais de percusión»
Sanín
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Achegádevos a construír con nós un pandeiro!

Información en pictogramas CIMA / Allure

 

27/09/2025
Obradoiro: «Construción de mapas estelares»lse
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Interpretando o Cosmos para chegar a todas partes... Obradoiro impartido por José Ángel Docobo (Observatorio astronómico de Santiago de Compostela)

Información pictograma CIMA / Allure 


OUTUBRO

04/10/2025
Obradoiro: «Pai, fillo, nai»
17:30 – 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS
[Obradoiro pechado, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.

Información pictograma CIMA / Allure 

 

18/10/2025lse
Obradoiro: «Quebracabezas»
11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Durante esta actividade reconstruiremos cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.

Información pictogramas CIMA / Allure 

 

25/10/2025lse
Obradoiro: «Investigando polo museo»

11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Obradoiro de investigación relacionando as diferentes temáticas do museo. Caderno en man, relacionamos, pintamos, observamos e...descubrimos.

Información pictograma CIMA / Allure


NOVEMBRO

01/11/2025
Obradoiro: «Peregrinecas»

17:30 – 19:00
Hospital Clínico de Santiago_CHUS 
[Acto pechado, non admite inscricións]
Fundación Andrea / Fundación Asanog

Nesta actividades coñeceremos a evolución da indumentaria dos peregrinos e as peregrinas ao longo da historia.

Información pictograma CIMA / Allure 

 

15/11/2025
Obradoiro: «Quiro Podo»
lse
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

O obradoiro "Quiro Podo" consiste en facer pegadas das nosas mans e pés en arxila, inspiradas en varias pezas da colección do museo.

Información pictograma CIMA / Allure 

 

22/11/2025lse
Obradoiro: «Re ciclamos, Re construímos, Re tocamos»
11:30  - 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
[*Necesaria inscrición previa]

Nesta actividade coñeceremos a evolución e as posibilidades de facer son con elementos cotiás.

Información pictograma CIMA / Allure 

 
29/11/2025lse
Concerto Inauguración exposición: «MEF25»
18:00
Público recomendado: todos os públicos
Obradoiro con interprete de signos [FAXPG] 
Entrada libre ata completar aforo

Presentación da exposición creada cos materiais dos obradoiros. Para poñer o ramo á inauguración haberá un pequeno concerto de Sabela Dacal e Rafa Otero.
 

Información pictograma CIMA / Allure 

Onde

As actividades terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, agás aquelas nas que se especifica a súa celebración no CHUS.

A recepción dos participantes dos obradoiros realízase na recepción do museo. As actividades desenvolveranse entre as diversas salas expositivas e o espazo denominado «cafetería», no terceiro andar. 

As actividades dos días 4 de outubro e 1 de novembro terán lugar na Aula Andrea do Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS. Non permiten inscrición previa, quedan reservadas para os pacientes do centro. 

Máis información e contacto

  • Para dúbidas e preguntas relacionadas coas actividades e inscrición: difusion.mdperegrinacions [at] xunta.gal (difusion[dot]mdperegrinacions[at]xunta[dot]gal) ou 881 867 322 (de luns a venres de 9 a 14.00 h.)

  • Para modificacións ou avisos de última hora os día da actividade: 881 867 401

  • FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Organiza

 mdps   corresponsables    Ministerio  

Colabora

Fundación Andrea   ASANOG   FAXPG