NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Museum Week 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase un ano máis á #MuseumWeek

MuseumWeek é un evento anual que se leva a cabo nas redes sociais co obxectivo de promover os museos e as institucións culturais de todo o mundo.

7 días, 7 temas, 7 hashtags. Do 3 ao 7 de xuño a organización do evento propón un tema diario que podemos usar como inspiración para as nosas actividades e publicacións en todo o mundo. 

A MuseumWeek celebrouse por primeira vez en 2014 e foi aumentando os seus seguidores ata incluír a máis de 60.000 participantes de máis de 100 países. Converteuse na semana internacional oficial dos museos, apoiada pola UNESCO. 

Este ano 2024 os temas propostos son: 

3 xuño: #DetrásDeEscenaMW
O primeiro día da #Museumweek está dedicado ás áreas ocultas dos museos, destacando o que sucede cando as portas están pechadas. Isto inclúe o traballo de restauración, a preparación de exposición e otros aspectos das operacións do museo que rara vez ve o público.

4 xuño: #IntelixenciaArtificialMW
Neste día, as organizacións culturais temos a oportunidade de interactuar coas nosas audiencias a través de novos tipos de interaccións baseadas no uso da intelixencia artificial, especialmente xogos pedagóxicos.

Unha oportunidade para demostrar ás nosas audiencias que a IA é unha ferramenta que pode servir ás artes e a cultura.

5 xuño: #BiodiversidadeMW
Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a #Museumweek bríndanos ás organizacións culturais unha oportunidade única para salientar a importancia da biodiversidade, a súa natureza diversa e a súa representación en expresións culturais e artísticas.

Desde a organización de #Museumweek convídannos a compartir imaxes, vídeos e sons que mostren animais, plantas, fungos e todas as formas de vida en plataformas en liña.

6 xuño: #SelfieNaturezaMW
A organización da #Museumweek anímanos a compartir un #SelfieNaturezaMW cos nosos queridos compañeiros vivos, os seres aos que se comprometen a protexer no futuro. Pode ser calquera forma de vida, desde magníficos animais ata diminutos insectos, desde impoñentes árbores ata delicadas flores.

Celebremos o noso compromiso coa preservación das diversas e preciosas formas de vida do noso planeta!

7 xuño: #NaturezaUrbanaMW
Este día, a organización da #Museumweek realiza un chamamento a favor de máis espazos verdes en contornas urbanas.

O obxectivo é revelar a harmonía que pode existir entre o mundo natural e as construcións humanas, nas nosas coleccións, no noso museo e na súa contorna.

8 xuño: #AugaMW
A  #Museumweek proporciónanos unha oportunidade para explorar e celebrar o papel multifacético da auga tanto na nosa contorna natural como no patrimonio cultural, coincidindo co Día Mundial dos Océanos.

Este tema profunda na importancia histórica, artística e espiritual da auga, destacando a súa importancia crítica na configuración de ecosistemas, sociedades e tradicións en todo o mundo.

A organización convídanos a museos e comunidades a reflexionar sobre o profundo impacto da auga e a necesidade da súa xestión sostible e preservación para as futuras xeracións.

9 xuño: #CoexistirMW
Neste día, a organización da #Museumweek convídanos a compartir contido cultural que resalte a necesidade esencial de que os humanos coexistan non só entre si, senón tamén con todas as demais formas de vida. Avógase pola reconciliación da humanidade tanto coa súa propia especie como con todo o espectro de seres vivos.

Enfatizemos o noso compromiso con #CoexistirMW a través do medio da cultura!

Programa completo