NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Ciclo "Colloquium-INCIPIT"

Mércores, 23 de Abril de 2025

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) realizará a cuarta charla do ano 2025 dentro do ciclo “Colloquium-INCIPIT”, en colaboración co Museo das Peregrinacións.

O próximo xoves 24 o antropólogo Ramon Sarró levaranos á antiga capital do Reino do Kongo (hoxe en Angola) para discutir cuestións de relixión, historia, patrimonio e paisaxe. A charla, que comezará ás 19 h. no Auditorio do Museo das Peregrinacións, levará por título “Profetas kongo e tecnócratas da Unesco”.

 

Poster

Colloquium-INCIPIT

O ciclo “Colloquium-INCIPIT” que vén realizándose no Auditorio do Museo das Peregrinacións nas súas últimas edicións, pretende achegar á sociedade os actores da produción do coñecemento científico. Nesta iniciativa, de periodicidade mensual, sucédense personalidades destacadas da investigación para divulgar os últimos achados científicos e/ou aclarar as problemática da nosa actualidade e futuro.