NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

As festas de Santiago e as súas músicas na RTP

Mércores, 24 de Xullo de 2024

Con motivo da festividade do Apóstolo na cidade de Compostela compartimos o primeiro programa que a RTP, Rádio e Televisão de Portugal,  dedica á festa de Santiago, con músicas do Códice Calixtino e de peregrinación, gravadas por Resonet na Catedral de Santiago.

O primeiro programa foi emitido o 21 de xullo e o segundo emitirase o día 27 deste mesmo mes.

Ligazón ao programa.

As festas de Santiago e as súas músicas. O Códice Calixtino

«O Códice Calixtino, ou Liber Sancti Iacobi, conservado no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, foi concluído por volta do ano 1160. O primeiro dos seus cinco libros inclúe, ordenada segundo a liturxia, a música das dúas festas anuais de Santiago. O Códice describe con detalle o que pasaba no templo durante as festas de Santiago, arredor do 25 de xullo (festa do Santo) e do 30 de decembro (festa da traslación a Galicia do corpo de Santiago), cando a música non paraba de soar e chegaba a ter unha presenza e importancia difíciles de imaxinar hoxe».
Canto de Ultreia. Músicas de Santiago de Compostela. S. XII. Codex Calixtinus, cantos de peregrinos. RESONET. Fernando Reyes. Dirección. 2010.

Publicación dispoñible.