NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

NOVIDADES EXPOSITIVAS: SANTIAGO PEREGRINO

Mércores, 22 de Xuño de 2022

A área expositiva destinada a icnografía de Santiago (Apóstolo, peregrino e cabaleiro) ten novidades expositivas que atinxen substancialmente ás obras pictóricas máis emblemáticas que retratan a Santiago na súa faceta de peregrino.

Superar a ausencia no espazo expositivo do emblemático Santiago Peregrino de Juan de Flandres, actualmente no Museo do Prado, semellaba unha tarefa difícil de afrontar.

Na exposición de Praterías o visitante pode gozar dunha escolma de obras meticulosamente seleccionada entre todos os fondos do Museo. Os almacéns de Peregrinacións contan cunha gran variedade tipolóxica: pintura, escultura, gravados, pezas arqueolóxicas, ourivería, etc.  Obras de gran valor artístico, histórico, documental e antropolóxico que nos falan de diversos aspectos da iconografía xacobea e da historia de Santiago e o seu Camiño.

Os conservadores do centro son os encargados da documentación e conservación desta ampla gama patrimonial que atesoura o Museo. Entre estas pezas, resaltaron a existencia dun Santiago peregrino que cumpría cos requisitos para ocupar o baleiro deixado por Juan de Frandes.

Este lenzo, de autoría incerta, vincúlase polas súas características técnicas e culturais á escola ou círculo de Berruguete. Esta datado no século XVI, aínda que non dispoñamos de máis referencias para poder situala nun momento máis concreto desta corrente artística.

Esta marabillosa obra pódela gozar no primeiro andar do museo, na praza das Praterías, situada xusto ao carón do Santiago peregrino de Juan de Juanes. Deste xeito, pechase de novo a visión iconográfica de Santiago cunha gran selección artística ofertada ao visitante.

A posta en valor e a visibilidade que se lle da a esta peza neste espazo é a forma na que queremos mostrar un agradecido recoñecemento á familia Santos – Illueca pola doazón realizada e a confianza depositada neste centro durante anos de colaboración.