NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Novo centro de interese na biblioteca. O Camiño de Santiago e o dereito.

Luns, 27 de Xullo de 2026

Biblioteca do Museo das Peregrinacións presenta un novo centro de interese: o Camiño de Santiago e o dereito

Sabías que na Idade Media existía a peregrinación forzada, que era unha pena que podía impoñer a Igrexa como castigo aos eclesiásticos por delitos como o roubo sacrílego, a violación do segredo de confesión ou a luxuria, entre outros? Tamén os segrares que roubaban á igrexa cumprían a pena da peregrinatio. Esta pronto pasou do dereito canónico a empregarse como pena civil en Europa, imposta tanto a individuos como a comunidades e familias. Os delitos que se castigaban eran varíados, desde inxurias e adulterios ata raptos, roubos ou provocacións violentas.

Pero o dereito medieval estaba maioritariamente enfocado á protección do peregrino, co fin de proporcionarlle seguridade na circulación polo territorio. Este debía vestir coa vestimenta que o identificaba como tal (incluso a cuncha de vieira chegou a ter a función de verificar a súa condición), e portar documentos como certificados, cartas de recomendación e salvoconductos, que podían garantir a súa salvagarda.

Ademais dictáronse leis que buscaban asegurar o dereito de tránsito, ou o dereito a circular libremente, suprimindo o portazgo para os peregrinos, un imposto medieval que pagaban persoas e mercancías ao pasar por cidades ou territorios pertencentes a un rei ou señor.

Se che interesa este tema, ven á nosa biblioteca. Temos novo centro de interese: o Camiño de Santiago e o dereito.

Bibliografía en Biblioteca