NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Os relevos de Carboeiro regresan a Galicia

Luns, 23 de Febreiro de 2026

Desde o venres 20 de febreiro de 2026 as esculturas procedentes da portada occidental do mosteiro de Carboeiro poden verse na planta 0 do Museo.

Tras varios anos de negociacións a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Institut de Cultura do Ajuntament de Barcelona chegaron a un acordo para que o Museo das Peregrinacións reciba en comodato os relevos procedentes do Museo Frederic Marès de Barcelona.

Os relevos

As pezas en préstamo son dous relevos do século XIII procedentes da portada occidental do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro: un cristo panrocrátor e dúas imaxes do tetramorfo, san Xoán e san Lucas. O cristo é a figura central do tímpano, que bendí coa man dereita e suxeita o libro sacro coa esquerda. As imaxes dos santos están representadas polos seus símbolos, a aguia de Xoán e o boi alado de Lucas. 

O terceiro relevo que conforma a portada permanece in situ e está formada polas figuras restantes do tetramorfo, san Mateo e san Marcos. O conxunto iconográfico da portada complétase con 4 arquivoltas, 3 con decoracións vexetal e unha cos Anciáns da Apocalipse. Representa unha teofanía de carácter apocalíptico inspirado no Pórtico da Gloria.

1

O retorno

O retorno das pezas a Galicia é a fin dun proceso de varios anos, promovido pola anterior Consellería de Cultura, e iniciado polas investigacións do medievalista Francisco Prado-Vilar. Grazas aos seus traballos de documentación demostrouse que as pezas foran expoliadas a mediados do século pasado. Nos anos 80 chegaron ao Museo Frederic Marès de Barcelona tras a compra a un coleccionista privado.

1

A exposición

As obras escultóricas chegan ao Museo de Peregrinacións cun préstamo de 10 anos, prorrogable a outros 10, que permite que queden en Galicia por un período longo de tempo. Os relevos poden verse na planta 0 do Museo das Peregrinacións, xunto a outras pezas vinculadas aos itinerarios xacobeos.