NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Presentación do novo libro | Unha ollada desde a distancia

Martes, 11 de Marzo de 2025

Unha ollada desde a distancia. Peregrinos e viaxeiros de fala inglesa en Santiago de Compostela (1808-1936) de Leopoldo Fernández Gasalla.

O próximo venres, 14 de marzo ás 17.30 h. preséntase no Auditorio do Museo esta nova publicación. Acompañarán ao autor o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora do Museo das Peregrinacións, Esperanza Gigirey Liste.

O seminari e a Catedral de Santiago. Desde o paseo de Santa Susana. Debuxo de David Roberts a partir dun bosquexo de Richard Ford

Unha ollada desde a distancia é o primeiro de dous volumes sobre viaxeiras e viaxeiros de fala inglesa que chegaron a Compostela entre os séculos XIX e XX. Esta primeira publicación ocúpase do século XIX, cando un fluxo constante de persoas cruzaron o Atlántico para adentrarse na Península, atraídos pola espiritualidade e a historia da rexión e da cidade.

O libro ofrece unha análise das vivencias de peregrinos e viaxeiras, que o autor recolle a través dos seus diarios, cartas e relatos, a través dos que reconstruíu os seus itinerarios e explorou as súas motivacións e intereses.

A publicación, coordinada polo Museo das Peregrinacións e editada pola Xunta de Galicia, ten unha extensión de máis de 300 páxinas con textos en inglés, galego e español. Está dividida en 4 seccións por cada tempo histórico, e contén un total e 18 capítulos, que desenvolven cada personaxes individualmente.

Os museos, ademais de garantes dos bens culturais que custodiamos, somos institucións da memoria ao servizo da sociedade. De novo, a investigación álzase como o alicerce para a consecución das nosas funcións de conservación, documentación e difusión.  

A publicación pódese adquirir na tenda do museo e na librería institucional da Xunta de Galicia.

Sobre o autor

Leopoldo Fernández Gasalla é doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2004 cunha tese sobre a arquitectura de Domingo de Andrade. Na actualidade é Catedrático de Ensinanza Media, e desenvolve a súa profesión no IES Rosalía de Castro de Santiago. Forma parte do Grupo de Investigación Iacobus. Estudios sobre patrimonio (G-1909) da USC, e do Grupo Atenea da Universidade de Málaga.