NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

VI edición do curso «A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo»

Martes, 1 de Abril de 2025

O Museo das Peregrinacións e de Santiago colabora un ano máis coa organización do curso «A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo», organizado polo Servizo de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e ao que asisten xuíces e xuízas de diferentes comunidades autónomas. 

Esta sexta edición do curso do CXPX desenvolverase entre os días 2, 3 e 4 de abril de 2025, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, quen colabora coa organización como sede das xornadas. 

O mércores 2 de abril dará comezo a formación técnica coa inauguración da man de D.ª María Dolores Rivera Frade, Presidenta da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia;D. José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Ao longo das tres sesións, os relatores tratarán temas de plena actualidade dirixidos a fomentar a protección do patrimonio. Entre eles, o uso turístico dos espazos patrimoniais e as alternativas sostibles, as últimas restauracións da Catredral compostelá ou a arqueoloxía terrestre e subacuática. 

Programa completo das xornadas, aquí

Máis información en Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX)