De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Un ano máis, o Museo das Peregrinacións e de Santiago colabora coa Cátedra do Camiño, acollendo o curso de verán da Universidade de Santiago no seu auditorio.
Do 15 ao 18 de xullo terán lugar, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, as «XV Leccións Xacobeas Internacionais». O obxectivo do curso é presentar os proxectos de investigación da Cátedra do Camiño e profundar no tránsito dos estudos históricos á actualidade do Camiño de Santiago.
Prazo de matrícula: 15/05/2024 - 05/07/2024.
Dirección: Miguel Taín Guzmán e Domingo L. González Lopo.
Secretaría: Segundo Saavedra Rey.
Lugar de celebración: Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Santiago de Compostela.
Durante a celebración das sesións do curso os asistentes poderán visitar libremente as coleccións do Museo das Peregrinacións e de Santiago na súa sede da praza das Praterías.