NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

XORNADAS MUSEOS SOCIAIS

Museos Sociais
Museos para todos e dinamizadores da sociedade
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Martes, 4 de outubro de 2022

MUSEOS SOCIAIS

Data: martes, 4 de outubro de 2022
Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, s/n, Santiago de Compostela
Horario: 9:30 ás 14:00 h e de 16:30 ás 18:30 h

Museos para todos e dinamizadores da sociedade

Na actualidade, semella innecesario afirmar que os museos son para todos os públicos. Non obstante, a realidade obríganos a insistir nos aspectos que se recollen na propia definición e razón de ser dos museos, de servir a todas as idades, xéneros e procedencias, niveis de formación ou capacidades, fomentando a sensibilidade cara á diversidade cultural e social que nos rodea.

Consolidadas outras funcións máis tradicionais dos museos como conservar, documentar, ou investigar, hoxe en día as aspiracións dos museos deben desenvolverse cara a inserción plena destas institucións no tecido social para converterse nun axente social máis.

Está tamén amplamente aceptado que, no mundo global, tecnolóxico e cambiante, os museos deben de ir máis aló da oferta expositiva, e actuar como institucións dinamizadoras da sociedade na que se integran. Actuación na que moitos museos están inmersos xa na actualidade, tentando dar resposta aos cambios e, en concreto, dinamizando a súa contorna e visibilizando colectivos con maior marxe de exclusión. En Galicia, a Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, naceu co espírito de reforzar o innegable carácter social dos centros museísticos, ligado á concepción de servizos públicos de estudo, participación e interacción culturais, nas súas diversas formas de expresión.

Dirixidas a:

Profesionais, persoal técnico e bolseiro dos centros museísticos de Galicia, preferentemente daqueles que forman parte do Sistema Galego de Centros Museísticos.

Programa:

  • 9:30 h. Presentación da Xornada. Anxo Lorenzo Suárez. Director Xeral de Cultura.
  • 10:00-10:45 h. Que museo necesitamos? Folla de ruta para un museo máis social e sostible. Olga Ovejero Larsson, Xefa da Área de Difusión e Desenvolvemento da Subdirección Xeral de Museos Estatais. Ministerio de Cultura e Deporte
  • 10:45-11:30 h. O enfoque de xénero nas museogra{ías. Covadonga López de Prado Nistal. Directora do Museo Massó de Bueu

- 11:30-12:00 h. Descanso

  • 12:00-13:15 h. ProxecÉos: identidades e Museo en movemento. Manuel Mosquera Cobián. Ana Vasco del Castillo. Área de Difusión do Museo de Belas Artes da Coruña
  • 13:15-14:00 h. Museo Aberto. César Llana Rodríguez. Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
  • 16:30-17:30 h. Epi/cac/ón CIMA. Un recurso gratuito para {acilitar a información accesible no marco do proxecto Erasmus+ ALLUPE. Fátima García Doval. Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación. Consellería de Cultura Educación, F.P. e Universidades
  • 17:30 h. Clausura

Visita comentada ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Inscrición:

Remitir a folla de inscrición cuberta a servizo.museos.cultura [at] xunta.gal ata o venres 23 de setembro de 2022. 

Documentos:                                

Programa

Folla de inscrición