NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

SALA II

A TRANSLACIÓN DO CORPO DE SANTIAGO

O discurso deste espazo expositivo céntrase en abordar os momentos iniciais do culto ás reliquias de Santiago O Maior a partir de obxectos e documentos que tratan de achegar luz á difusa orixe da tradición xacobea.

Diversas fontes documentais como o Breviario de los Apóstoles de finais do s. VI e Comentarios al Apocalipsis, atribuído ao Beato de Liébana, contribúen a afianzar e difundir determinados episodios da súa vida, motivando a aparición de numerosas crenzas que satisfán a devoción popular. Xérase, así, a lenda xacobea, que dá conta do extraordinario periplo da translación dos seus restos, das dificultades do seu enterramento e do seu milagroso descubrimento posterior.

Diversos lugares das proximidades de Compostela gardan unha relación moi estreita con estes acontecementos converténdose, de tal modo, en relevantes e significativos testemuños territoriais dentro desta tradición: Iria Flavia, a desembocadura do río Ulla, o Pico Sacro, o Castro Lupario e a igrexa de Santiago de Padrón, representados nesta sala a través de ilustrativas fotografías.

Así mesmo, varios libros dos séculos XVII e XVIII póñennos ao tanto dos cuestionamentos xurdidos en torno a temas tan delicados como o da veracidade da súa misión evanxelizadora. Esta controversia produciu a aparición de obras literarias como as aquí expostas que saen en defensa da súa “venida y predicación”, convertidas en auténticos panexíricos do Apóstolo e testemuño dos seus innumerables milagres e aparicións.

  • Relevo coa escena da Visitación da Virxe á súa curmá Santa Isabel

    Relieve con la escena de la Visitación de la Virgen a su prima Santa Isabel

    Anónimo. 1ª mitad siglo XVII

    Depósito de la Catedral de Santiago de Compostela

  • Santiago apóstolo sedente

    Santiago apóstol sedente

    Anónimo. Finales siglo XVIII

  • Moeda de Fernando II coa translación do corpo do apóstolo Santiago

    Moneda de Fernando II con la traslación del cuerpo del apóstol Santiago

    Medio dinero de vellón. 1157-1188

     

  • Moeda de Fernando II coa translación do corpo do apóstolo Santiago

    Moneda de Fernando II con la traslación del cuerpo del apóstol Santiago

    Medio dinero de vellón. 1157-1188

     

  • Tesouro do castro de Recouso

    Tesoro del castro de Recouso

    Siglos IV-I la.C.

    Depósito de Felipe R. Cordero Carrete

  • Mapa cos lugares citados pola tradición na translación do Apóstolo

    Mapa con los lugares citados por la tradición en la traslación del apóstol

    Mauro Castellá Ferrer. 1610