NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

SALA III

O SEPULCRO DO APÓSTOLO COMO XERADOR DA URBE COMPOSTELÁ

Os elementos arquitectónicos expostos nesta sala, as reconstrucións e maquetas das sucesivas basílicas dedicadas a Santiago, así como ilustrativos planos e debuxos de distintas épocas, deixan patente a estreita vinculación existente entre o desenvolvemento do culto ás reliquias do Apóstolo e a progresiva configuración urbanística do ámbito no que se circunscribía.

Este espazo urbano irá evolucionando desde o primixenio Locus Sancti Iacobi (ca. 830-880) conformado a partir da iniciativa conxunta do bispo de Iria Teodomiro e o rei asturiano Afonso II; a Villa Sancti Iacobi (900-1040) unha vez que se converte en centro eclesiástico e se ve necesaria a súa expansión fóra do orixinario recinto amurallado; ata constituírse, finalmente, a Civitas Sancti Iacobi (ca. 1150) como consecuencia directa da afluencia masiva de peregrinos a Compostela, materializada na construción da gran basílica románica e no desenvolvemento dunha organización cívica de Santiago.

Contextualizando este dilatado proceso pódense encontrar, polo tanto, pezas arqueolóxicas (moedas de Fernando II, fragmentos de sarcófago, capiteis, canzorros, etc.), así como varias recreacións das distintas fases construtivas da catedral.

  • Vista da sala III  Santiago: catedral e cidade

    Vista de la sala III

    Santiago: catedral y ciudad

  • Maqueta da cabeceira da catedral na súa primeira fase de construción

    Maqueta de la cabecera de la catedral en su primera fase de construcción

    Juan Manuel Muñoz Gambero, Alfonso Moreno Mora. 1976-1981

  • Clave, primitivo claustro da Catedral de Santiago  Mediados do século XIII

    Clave, primitivo claustro de la Catedral Santiago

    Mediados del siglo XIII

  • Capitel figurado, primitivo clasutro da Catedral de Santiago  Mediados do século XIII

    Capitel figurado, primitivo claustro de la Catedral de Santiago

    Mediados del siglo XIII

  • “Roda da fortuna”. Fragmento  Século XIII

    “Rueda de la fortuna”. Fragmento

    Siglo XIII

  • Fragmento do coro pétreo da Catedral compostelá  Mestre Mateo, século XII

    Fragmento de coro pétreo de la Catedral Compostelana

    Maestro Mateo, siglo XII