NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

SALA IV

CAMIÑOS E RITOS

Unha vieira de peregrino do s. XII e un mapa de Europa cos distintos camiños que conducen a Compostela intérnannos no complexo universo da peregrinación xacobea, eixe temático substancial que vertebra esta sala. Debido á multiplicidade de aspectos en que se pode esmiuzar, o discurso expositivo incide en varios deles co fin de ofrecer unha visión heteroxénea e global do que supuxo e aínda supón este fenómeno.

Faise fincapé, polo tanto, na ruta da viaxe, no Camiño de Santiago propiamente dito, que iría variando por circunstancias políticas, aparición de novos núcleos de poboación, construción de pontes e calzadas, etc., ata que se fixe un trazado clásico que se manterá por espazo de séculos. Este é o que nos presenta no s. XII o Códice Calixtino, concretamente, o seu Libro V -máis coñecido como "A guía do peregrino" -, presente nesta sala a través dunha reprodución facsímile.

Conformada a ruta, por ela discorrerán os viaxeiros, moi numerosos e de toda clase e condición. Monxes, señores, clérigos e nobres déixannos constancia nas súas crónicas -máis ou menos ricas en narracións e relatos descritivos- da súa viaxe a Compostela. Moitas foron realizadas cun interese netamente práctico, o que as convertía en auténticas guías das que se servían as súas compatriotas para chegar convenientemente a Santiago. Outras, non obstante, servían para deixar testemuño escrito daqueles que, como Cosme III de Médici, emprendían a ruta movidos por un irrefreable afán de coñecemento, principal motivación da chamada "peregrinación cabaleiresca".

Non obstante, o groso de peregrinos xacobeos conformábano artesáns e, sobre todo, labradores, movidos polo seu fervor relixioso e as pretendidas grazas e indulxencias que ansiaban obter tras o penitente esforzo. A súa indumentaria acostumaba consistir nun sombreiro de á ancha, capa, caxato ou báculo, zurrón e unha cabaza para gardar a bebida, elementos todos eles que tamén aparecen expostos dada a súa significación.

Documentos como a Bula del Papa Gregorio XIII por la que se les concede indulgencia plenaria in articulo mortis a los enfermos, peregrinos y demás miembros del Hospital del Rey de Burgos fundado por Alfonso VIII do ano 1574 permítennos internarnos en aspectos fundamentais da peregrinación como son a hospitalidade no camiño -asumida por mosteiros e hospitais a cargo doutras institucións eclesiásticas, laicas e particulares- ou a defensa xurídica e protección física ao peregrino que ofrecían castelos, torres e fortalezas, misión levada a cabo tamén polas Ordes Militares.

En definitiva, unha ruta, uns peregrinos e, como consecuencia da confluencia de ambos os dous factores, uns rituais de peregrinación que se foron perfilando, transformando e adaptando ao longo do tempo.

  • Azulexos  Alfares de Triana (Sevilla), século XVI (?)

    Azulejos

    Alfares de Triana (Sevilla), siglo XVI (?)

  • Elementos da indumentaria do peregrino  Sombreiro

    Elementos de la indumentaria del peregrino

    Sombrero

  • Frontal de altar con esceas da vida de San Martiño  Escola leridá, finais do século XIII

    Frontal de altar con escenas de la vida de San Martín

    Escuela leridana, finales del siglo XIII

  • “Compostela”  Melchor de Prado, 1820

    “Compostela”

    Melchor de Prado, 1820

  • Elementos da indumentaria do peregrino  Escarcela

    Elementos de la indumentaria del peregrino

    Escarcela