NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

SALA VI

O auxe da peregrinación a Compostela motivou o desenvolvemento de oficios como o de albergueiro, taberneiro, cambiador, zapateiro, concheiro, etc., dedicados a satisfacer as necesidades dos peregrinos e das institucións vinculadas coa súa atención. Entre estes artesáns, mención especial merecen os azabacheiros e os prateiros, que contaron cunha gran fama e con numerosos talleres repartidos por toda a cidade. Nesta sala danse a coñecer os obxectos por eles realizados, moitos deles eran levados de regreso á casa polos peregrinos, que os compraban como recordo do seu paso pola cidade.

Así mesmo, a difusión e promoción da peregrinación por parte do cabido compostelán fixo que aumentase a produción de documentos directamente relacionados con ela como indulxencias, "compostelas", imaxes devocionais, etc. Este feito supuxo, en consecuencia, o desenvolvemento do traballo dos gravadores composteláns tal e como o exemplifica o prego do Xubileu con copia en castelán da Bula outorgada polo Papa Alejandro III do ano 1717, un documento presente tamén neste espazo expositivo.

  • Pía de auga bendita ornada con tres vieiras  século XVII

    Pila de agua bendita ornada con tres vieiras

    Siglo XVII

  • Portapaz coa aparición da Virxe do Pilar  Obradoiro compostelá (?), século XVI

    Portapaz con la Aparición de la Virgen del Pilar

    Taller compostelano (?), siglo XVI

     

     

  • Colar de abadesa  Séculos XVII-XVIII

    Collar de abadesa

    Siglos XVII-XVIII

  • Igrexa de Pontedeume segunda metade século XVIII

    Iglesia de Pontedeume

    Ángel Piedra, Segunda mitad del siglo XVIII

  • Cáliz

    Cáliz

    Bermúdez (?), platero. M. Aller, ensayador

    Finales siglo XVIII - mediados siglo XIX