NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo

-
Acisclo Manzano

Outros idiomas: español e inglés.

 

Xénese 2:7: «... e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva».

O significado bíblico de Adán é “nacido da terra”.

Adán está situado na parte esquerda do Pórtico da Gloria, no inicio da historia da Salvación, xusto á entrada da catedral, final do Camiño. E da pedra ao barro, e de Mateo a Acisclo; trasladámonos a un obradoiro contemporáneo con debuxos e bosquexos para un Pórtico dos nosos días.

Apóstolos, músicos e multitude de anxos e demais personaxes bíblicos ata chegar a Santiago forman un escenario imaxinativo e artístico no que o autor se pon ás ordes de Mateo. Acisclo Manzano traslada a súa visión persoal do obradoiro do mestre Mateo coa premisa principal da utilización do barro para reinterpretar o Pórtico cunha visión do século XXI.

Ante nós temos unha obra neofigurativa de esculturas con formas humanas deconstruídas ou fragmentadas, tornadas, con incisións, buracos, incrustacións que reinterpretan o clásico dando lugar a unha vangarda de volumes no que o principal material é o barro sen esquecer os bosquexos no papel.

Manoel Carrete, comisario

A EXPOSICIÓN

adan_eva Adán e Eva
apostolos

Os apóstolos

Mateo 10, 1

Misión dos Doce

«E chamando aos doce discípulos, deulles poder para botaren os espíritos malos e curaren toda enfermidade e doenza»

santiago

Santiago

¿Estarán vivos? ¿serán de pedra 
Aqués sembrantes tan verdadeiros, 
Aquelas túnicas maravillosas,
Aqueles olios de vida cheos?
Vos qu’os fiẍeches de Dios c’aẍuda 
D’inmortal nome, Mestre Mateo,
Xa q’ahi quedaches homildemente 
Arrodillado, falaime d’cso;
Mais c’o eses vosos cábelos rizos 
Santo d'os croques, calas... y eu rezo.

Aqui está á Groria, mais n’aquel lado 
N’aquela arcada, negreẍa o inferno 
C’as almas tristes d’ís condanados, 
Ond’as devoran todo-ios demos.
D’ali non podo, quitá-los olios 
Mitá asombrada, mita con medo, 
Qu’aqueles todos se me figuran 
Os d’un delirio, mortaes espeutros.

Follas novas (A Habana, 1880), Rosalía de Castro.  No Titulo II, ¡Do íntimo!

martires

Os mártires

Xeremías 18, 1-6

«Esta é a orde que recibiu Xeremías da parte do Señor:
- Anda, baixa ao taller do oleiro, pois alí che comunicarei as miñas palabras.
Eu baixei ao taller do oleiro e vin que estaba no torno co seu traballo. Cando ao oleiro lle saía mal o cacharro que estaba facendo, co barro que tiña na súa man transformábao noutro cacharro distinto, segundo lle parecía que o barro servía mellor. Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:
- Acaso non serei eu capaz de facervos a vós, casa de Israel, como fai este oleiro? -é o Señor quen fala-. Como está o barro na man do oleiro, así estades vós na miña man,
casa de Israel».

bosquexos Bosquexos
apostolo O Apóstolo
evanxelistas

Os evanxelistas

Apocalipse 4, 6-7

«Había diante do trono coma un mar resplandecente, semellante ao cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás. O primeiro animal, igual ca un león; o segundo, semellante a un xato; o terceiro, tiña a cara coma de home; e o cuarto, seme llante a unha aguia voando».

columna A columna
musicos

Os músicos da Apocalipse

Apocalipse 4, 10-11

«Os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ao mesmo tempo:
- Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo: pola túa vontade existe e foi creado».

anxos Os anxos
cristo Χριστός

Citas bíblicas tomadas da Biblia en galego de SEPT.

Estrofas de Follas novas extraídas da edición orixinal dispoñible en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.

Acisclo Manzano

Escultor e académico da Real Academia Galega de Belas Artes. Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada de Ourense e na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Foi membro do grupo “O Volter” de Ourense. Viaxou por Europa coñecendo a escultura clásica e as vangardas. Dende estas últimas, na década dos anos sesenta levou a cabo a renovación da escultura galega cunha visión mediterránea e atlántica. Durante a súa estancia en Eivissa entra en contacto coa Grecia clásica e cunha nova tipoloxía de barro.

Ten obras en espazos públicos e entidades como a Sede Afundación Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago, a sede de Turgalicia, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, o Museo da Deputación de Pontevedra, o Parlamento de Galicia, o Museo Diocesano de Santiago de Compostela e en multitude de sitios máis.

Recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Ourense (2022), o Foro do Bo Burgo (2024), a Medalla Nacional Julio Antonio (1968) e o Premio Nacional de Escultura (1962 e 1968), entre outras honras.