NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Camiño ComPostal

-
Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

A representación do camiño francés nas postais históricas de hai un século

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside Xosé María García Palmeiro, e o seu vicepresidente, comisario da exposición, Luís Celeiro Álvarez, presentan unha exposición con postais antigas e con motivos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Esta mostra lígase cos preceptos da asociación, que consideran o Camiño de Santiago como un espazo de comunicación en directo.

A tarxeta postal foi no seu tempo unha revolución no sistema de comunicación, de transmisión de mensaxes por prezos económicos, e co texto á vista asinado, pola forza da lei, por quen era o remitente e responsable. Foi unha innovación no ámbito da impresión, da promoción turística e, mesmo, da comunicación, cun impacto económico, cultural e de divulgación de paisaxes, lugares e monumentos de grandes magnitudes. Probablemente, a importancia da postal foi das mesmas dimensións das redes sociais hoxe en día.

A primeira tarxeta que circulou por España é de 1873. Aparece como un medio de comunicación para o comercio, procurando abaratar os custos do correo postal en sobre. Moi rápidamente exténdese por Europa e funciona como medio para o intercambio de mensaxes breves, para transmitir saúdos e incluso para achegar textos cifrados en períodos de conflictividade e de guerra.