De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Iconas rusas. Colección Santos-Illueca
Esta exposición ten por obxecto mostrar ao público un importante depósito recibido pola Xunta de Galicia para a súa custodia, estudo e exhibición no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
A colección Santos Illueca está composta por 280 pezas, das que 276 son iconas rusas, encadrables en tipoloxías e cronoloxías diversas, datables entre o século XV e o XX. Todas elas dunha alta calidade artística e dun importante valor cultural.
Este conxunto é sen ningunha dúbida, unha das mellores coleccións de iconas existente nestes momentos na Península Ibérica. As iconas rusas recollen unha tradición secular, xa que son unha evolución do tipo de representación iconográfica que se inspira directamente nos arquetipos creados no mundo bizantino. Por outro lado, é innegable o seu atractivo como obras de arte, con representacións figurativas que mantiveron a súa estrutura, simbolismo e valores cromáticos case sen variación ao longo dos séculos.
Dispoñer deste conxunto de bens supón para o MDPS unha oportunidade única que vai posibilitar abrir portas novas na súa actividade, incrementando dun xeito considerable a súa colección con fondos de proveniencia internacional e alto valor artístico e cultural
Iniciativas como esta, nas que unha colección privada se pon ao servizo da sociedade mediante o seu depósito nunha institución pública, favorece sen dúbida esa función social que debe cumprir o patrimonio cultural e que é consubstancial coa institución museística.