De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Peregrinacións
O proxecto «Cristiáns puros de África» está constituído por dúas exposicións simultáneas que levan por subtítulo: ‘Culto e Fe’, na Casa da Parra, e ‘Peregrinacións’, nas salas de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Trátase pois dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, ambas dependentes da Consellería de Cultura e Turismo.
A exposición recolle aspectos sorprendentes da cultura duns pobos que constitúen o único reduto de cristiáns que aínda se mantén na actual Etiopía e Eritrea e que non foron obxecto de conversión por parte dos sucesivos colonizadores que ocuparon estes territorios.
Emparentados coa Raíña de Saba, e aquela co propio rei Salomón, conservan uns rituais ancestrais en algúns casos milenarios. A aparición destes primeiros cristiáns africanos remóntase ao século IV e constituirían o primeiro estado cristián coñecido.
Un longo illamento propiciado pola elevada altura e un impenetrable sistema de montañas propiciaría a conservación dun riquísimo patrimonio cultural, tanto material como inmaterial que constitúe hoxe un acervo inigualable.
A tradición atribúelle Lalibela, monarca que gobernou estes territorios polo século XII, a construción dun monumental conxunto de igrexas escavadas que intentan reproducir os lugares máis emblemáticos de Xerusalén e Terra Santa. Este lugar converteuse entón nun destino de peregrinación para cristiáns ortodoxos coptos e que constitúe un dos obxectivos recollido polo fotógrafo Luís Gabú para esta interesante mostra expositiva.