De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
DESTINO é un proxecto persoal do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel Cabo (1975), coñecido profesionalmente como Piro. Comezou no 2016 e trátase dunha peregrinación interior por catro continentes que vai unindo historias ligadas por un mesmo sino: partindo da idea de que o destino marca o noso devir, son as nosas eleccións as que en realidade marcan o camiño.
Destino nace dunha inquedanza do fotógrafo Manuel Valcárcel. Esta levouno a peregrinar, por unha razón propia ou doutras persoas, catro continentes ata recoller nunha infinidade de instantáneas as súas experiencias e transformacións.
Piro achéganos cinco viaxes. En todos está el, pero acompáñano diferentes persoas, diferentes razóns, diferentes motivacións e diferentes obxectivos. Son cinco peregrinacións persoais, cinco metáforas que nos ilustran sobre a complexa natureza humana.
Os seus destinos falan unha linguaxe común, o da fotografía. Con ela obtén o xesto, a faciana, a mirada que el viu e que quere transmitirnos. Xunto coa persoa, outro elemento omnipresente nas súas instantáneas é a paisaxe. Ela é unha protagonista máis que amplifica os compoñentes inmateriais que engloban cada acontecemento humano, dende o camiñar ata unha mirada.
Os sinos nos que nos mergullaremos durante a nosa experiencia expositiva percorren catro continentes, diversos credos, paisaxes, persoas e experiencias.
O destino é quen baralla as cartas, pero somos nós quen xogamos
William Shakespeare
SAGA DAWA
O Perdón
Budismo e hinduísmo
Monte Kailash, Tíbet
Maio a xuño de 2018
Manuel Valcárcel (43 anos)
Descarga os textos de sala GALEGO CASTELÁN ENGLISH
GRAND MAGAL
O Amor
Islam sufí
Touba, Senegal
Outubro a novembro de 2018
Assan Ndiaye (40 anos)
Descarga os textos de sala GALEGO CASTELÁN ENGLISH
WIRIKUTA TAMENE
A Natureza
Cristianismo e wixárika
Wirikuta, México
Outubro a novembro de 2019
Lolo Pérez (57 anos), Elia Sagrario (74) e don Flor (79, D.E.P.)
Descarga os textos de sala GALEGO CASTELÁN ENGLISH
LA CASA DE LOS DIOSES
A Saúde
Varias crenzas
San Justo de la Vega, León, España
Abril de 2020
Galina Dimitrova (48 anos), David Vidal Figuls (45),
Tamino Henrich (27), Francisco Paco (57),
Taoufik Hajaoui (33) e Alan Whitworth (70)
Descarga os textos de sala GALEGO CASTELÁN ENGLISH
CAMIÑO DE SANTIAGO
A Esperanza
Cristianismo católico
Galicia, España
Xaneiro a xuño de 2021
Manuel Valcárcel (46 anos)
Descarga os textos de sala GALEGO CASTELÁN ENGLISH
A deusa Lúa, o deus Sol e o eterno Destino
Manuel Valcárcel