NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Dous camiños. Santiago - Kumano

-
Catalina Rodríguez

No marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, cada ano se deseña un proxecto con ilustradoras co obxectivo de poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Nesta cuarta edición, a artista seleccionada foi a asturiana Catalina Rodríguez, coa finalidade de levar a cabo un ambicioso proxecto que a levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno.

No mes de novembro de 2019, Catalina chegou á prefectura de Wakayama para iniciar o Kumano Kodo. Durante a súa estadía estivo acompañada pola fotógrafa norteamericana Caroline White, encargada de retratar ese camiño milenario. Ao seu regreso do país nipón xurdiu unha colaboración coa ceramista Covadonga del Campo que deu como resultado unha interpretación libre e persoal das similitudes descubertas entre os grafismos de Galicia e Xapón.

A segunda parte do proxecto —o Camiño de Inverno—, realizouse a última semana de maio de 2020, cando, tras o confinamento orixinado pola Covid-19, abríronse de novo as portas das casas. Das Médulas a Santiago, percorréronse as distintas etapas nunha época singular pola escaseza de peregrinos, o que fixo que se puidera gozar de cada parada desde o punto de vista dos residentes. En palabras da ilustradora, a natureza deste camiño, unha constante de principio a fin, converteu esta viaxe nunha ventá aberta e unha reflexión continua sobre nós mesmas.