NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

EIRAVELLA. LUZ DE ESTRELAS

-
JUAN OTERO GARCÍA (1934 - 2019)

Colección Eiravella. Comisariado por Gonzalo Sellés Lenard

A Colección Eiravella e Gonzálo Sellés Lenard traen ao Museo das Peregrinacións e de Santiago o proxecto “Eiravella, Luz de Estrelas”. Trátase dunha selección de esculturas orixinais do autor, Juan Otero García – Eiravella- en materiais como óso de cachalote, pedra, madeira e algúns bronces, acompañados de textos e debuxos.

“Eiravella.Luz de estrelas” é un proxecto intimamente ligado ao Camiño de Santiago. Para a súa elaboración, segue as rutas ancestrais que empregaban os baleeiros nos mares do norte seguindo a Vía Láctea. Preséntase unha iconografía baseada nas formas do románico e o gótico europeo, que Eiravella coñece persoalmente a través dos seus viaxes, con influencias do románico galego, vinculadas ao Pórtico da Gloria. As súas estrelas da Vía Láctea, os seus peregrinos, os seus nenos e as súas maternidades pertencen un mundo inxenuo coas que o autor busca transmitir unha mensaxe universal de amor e esperanza.

Juan Otero García (1934 - 2019), máis coñecido polo seu pseudónimo Eiravella, é un artista plástico galego, que durante a súa traxectoria cultivou indistintamente a pintura e a escultura. Por completo autodidacta, foi un pintor de liña inxenuista, que parece se inspira en vellos manuscritos e en ilustracións de libros piadosos. As súas pinturas son de execución simple, a base dun debuxo elemental e dun cromatismo delicado. A escultura deste artista parte directamente do románico con liñas curvas, volumes rotundos e cunha personalidade inconfundible. Son tallas directas, posto que posúe un gran dominio da artesanía.

En 1961 a raíz da Exposición Mundial do Románico, nace a primeira obra do que será "O Camiño de Santiago Luz de Estrelas" un traballo de máis de trescentas esculturas recollidas ao longo de máis de 35  anos.