NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

In Itinere

-
Javier Iglesias Ramos

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta IN ITINERE, un proxecto fotográfico de Javier Iglesias Ramos.

 

Outros idiomas: English     Español

IN ITINERE, por Federica Venier

Que moveu o peregrino e que recollerá no camiño? En que medida o mudou o Camiño de Santiago?

As experiencias que testemuña esta exposición sono, en realidade, do redescubrimento dun fogar da alma e do corazón, dun ubi consistam que non coincide cun lugar senón coa propia paz, como ben sabía Novalis.

A obra do fotógrafo Javier Iglesias Ramos pretende “medir” coa cámara este percorrido e este descubrimento. A idea que guiou este traballo foi atopar a pegada da súa experiencia de vida nos rostros dos peregrinos. De aí o proxecto de fotografalos ao comezo do Camiño, en Roncesvalles, e logo ao final, en Santiago, para rexistrar, non tanto os seus cambios físicos, senón calquera cambio na súa expresión, case se podería dicir na súa alma: e a alma certamente translúcese nas fotografías.

Para obter un rexistro tan fino dos estados de ánimo das persoas retratadas, Javier Iglesias Ramos optou por eliminar o contexto do propio retrato. Todos os seus retratos teñen o mesmo fondo negro e unha luz similar, polo que todos os rostros fotografados aparecen nas mesmas condicións, case mostras de probeta. Fronte a famosa tríade de cousas necesarias para o tradutor literario, la testa, il testo e il contesto, na tradución fotográfica desta experiencia vital que é o Camiño, Javier optou por unha severa comparación entre dúas: a súa cabeza e o texto formado polo rostro do peregrino, negándose a ser axudado por calquera contexto.

Do resultado xulgarán os visitantes.

     Wo gehen wir hin?
     Immer nach Hause.

     A onde imos?
     Sempre a casa.

     Novalis (1772-1801)

A exposición

mar_gaspard

Marc Gaspard

Francia (Guadalupe)

Hai 25 anos, en 1998, non tiña ningún obxectivo nin perspectiva na miña vida. Con todo, como adoita ocorrer na miña vida, unha persoa veu ao meu encontro e axudoume a purificar o meu corpo e mente. Un día, preguntoume que quería facer realmente na vida. Respondinlle que quería salvar as persoas, pero que necesitaba que alguén me guiase. Foi nese momento cando me dixo: “Deberías facer o Camiño de Santiago...”.

En 2022, cumprín 50 anos e sentín que estaba a revivir exactamente a mesma situación de hai 25 anos, pero o meu amigo xa non estaba alí para me reconfortar. E aínda non salvara a ninguén. Xa non había forma de retroceder. Así que emprendín o Camiño de Santiago.

magda_de_jongh

Magda de Jongh

Países Baixos

O que principalmente vexo na primeira foto é: tristura, cansazo, preocupación. O que principalmente vexo na segunda foto é: enerxía, alegría e satisfacción.

juan_otegui

Juan Otegi

España (San Sebastián)

tommy_ruud

Tommy Ruud

Noruega

O meu Camiño foi unha experiencia intensa. Física, mental e espiritualmente. O primeiro día, cruzando os Perineos a principios de marzo, foi difícil, mesmo para un noruegués. Despois diso, sentín que cada día melloraba máis e máis. Aconteceron cousas estrañas e asombrosas. Coñecín persoas interesantes e pasei por fermosos e encantadores lugares e pobos. Cando chegou ao seu fin, non o podía crer. Só quería seguir adiante. Emocioneime moito e chorei cando entrei en Santiago de Compostela.


A amizade

O Camiño de Santiago é tamén unha viaxe de novas amizades que se van formando no percorrido. Despois de todo, a amizade en si mesma é sempre un camiñar, un camiñar xuntos, como ben sabe calquera que teña amigos de toda a vida. E se perdes un amigo a miúdo isto débese aos pasos diferentes que cada un tomou no camiño da vida.      A Adriana

amizade

Sharyn Wooten e Guy Atkins

Estados Unidos (Seattle)


anna_marye_de_boer

Anna-Marÿe de Boer

Países Baixos

Esperaba da miña vida algunhas cousas diferentes: unha casa, un traballo e algún tipo de propósito. Permanecín inmóbil e necesitaba moverme, pero non sabía como.

Decidín moverme, literalmente. Empezar a camiñar.

Despois dun tempo, aprendín os diferentes tipos de dor. A dor de cando podes seguir adiante e a dor de cando necesitas parar.

A miña primeira parada foi en Pamplona. Necesitaba tomarme un día libre para descansar os meus xeonllos, o cal foi difícil porque tiña que deixar o grupo que coñecín en Roncesvalles. Alcanceinos unha semana despois; parecía que non os vira en meses.

A Meseta atrapoume. Estou afeita á paisaxe chaira, pero despois de varios días sen cambios na paisaxe, o meu corpo deixou de camiñar. Era mental; a miña motivación fórase e non sabía por que estaba a facer isto. Decidín deixar de camiñar por un día.

Cando volvín empezar e a paisaxe comezou a mudar, envolveume unha nova enerxía e puiden volver camiñar. Durante o meu Camiño atopei un fogar (puiden mudarme de inmediato, literalmente) e un traballo. Só tiña que lembrarme a min mesma que debía comezar a moverme de novo. Esta experiencia deume moito, especialmente as persoas que coñecín no camiño. Lémbrome a miúdo de que todos somos como nenos entusiasmados.

lola_perez

Lola Pérez Catala

España (Valencia)

marine_lesourd

Marine Lesourd

Francia

cecile_hastrais

Cecile Hastrais

Suíza

Cando comecei o Camiño Francés, non cría que sería capaz, física ou mentalmente, de chegar ata Santiago.

Logreino. E foi unha experiencia que cambiou a miña vida. Hai un antes e un despois.

31 días para desconectar, saír da zona de confort e descubrir algo diferente. A misión diaria é camiñar e escoitar as túas emocións e o teu corpo. Esquecerse de consideracións materiais, tomalo con calma, un paso á vez, coñecer a persoas inspiradoras ou simplemente estar só para reencontrarte contigo mesmo.

Pagou a pena aventurarse cara ao descoñecido e ver como un se pode adaptar a novas situacións unha e outra vez.

Tomarse o tempo para vivir esta experiencia foi, sen dúbida, o mellor que fixen nos últimos anos.

bernard_piron

Bernard Piron

Bélxica

dieter_daenens

Dieter Daenens

Bélxica

Guiado pola casualidade,

encontreime a min mesmo,

no medio de persoas encantadoras.

vicente_jimenez

Vicente Jiménez

España (Valencia)

O Camiño é unha marabillosa amálgama de vivencias maiúsculas e unha viaxe interior dificilmente explicable con palabras; é unha experiencia e unha aprendizaxe de vida e de por vida que te conduce irremediablemente a querer volver.

tancrede_soyer

Tancrede Soyer

Francia (París)

Todos os días, camiñamos. Lentamente, pero seguros. O camiño é un rito iniciático. Cada día é unha lección. E cando regresamos a casa, só sabemos unha cousa: temos que seguir adiante. Unha e outra vez.

jeaff_deans

Jeff Deans

Australia

jose_calixto_baustista_prieto

José Calixto Bautista Prieto

España (Barcelona)

jose_ramalho_fernandes

José Manuel Ramalho Fernades

Portugal

A fotografía non o revela plenamente nin o podería revelar. O remuíño dos sentimentos interiores.

Na partida, tanta roupa e “peso”, expectativas, receos, dúbidas, aprehensión, mais moitas ganas de seguir adiante!

Na chegada, con menos roupa e máis “leve”, agradecido e cheo de tanto que o camiño nos dá e abre para novas etapas.

Que Deus permita continuar este meu camiño cara a adiante e cara ao alto!


A vida

A vida é unha viaxe feita de múltiples camiños.

O primeiro gran camiño da xestación no útero materno e a saída ao mundo; o camiño cara á infancia, os amigos e os xogos; o camiño cara ao colexio, ao primeiro amor e aos que chegarán, e tamén ao desamor; o camiño ao traballo, á enfermidade e de volta dela tantas veces, á vellez e á morte que para moitos non é máis que o tránsito a outro camiño.

marta_venier jose_o_peregrino

Marta Venier

Italia (Bérgamo)

Jose “O Peregrino”

España (Málaga)


 

anita_luis

Anita Luis

A Arxentina

Veranse nos ollos

todas as miradas

que socavaron fondo

alcanzando a alma?

Verase a paisaxe,

a beleza achada,

resplandecerá a arte,

a frecha, a espada?

Verase nun rostro

o que dentro encarna,

un corazón ditoso,

a présa cansa,

vencidos idiomas

por sorrisos francos,

que gaña o interno

externas batallas?

Contará a historia

sen dicir palabras,

de tanto que ouviu

nutrindo a súa marcha?

Dirán en silencio,

dirán sen a fala,

tan só os ollos,

de alma elevada?

Contarán a senda,

que sempre avanza,

falarán de pegadas?

Dirá un rostro Ultreia,

anda, sempre anda,

que o paso que deixas,

noutros enraíza?

Quizais tamén Suseia

a altura alcanzada

e que toda crenza

cara a arriba se alza?

 

tracy_ausrin

Tracy Austin

Australia

lucia_grugnetti

Lucia Grugnetti

Italia (Pavía)

lucia2

Giovanni Grugnetti e Lucia Grugnetti

Italia (Pavía)

Cando despois de 31 días me quitei a mochila, sentín o peso do final do Camiño.

O esencial estaba sobre os meus ombreiros e, sen ningunha pretensión, vivín a experiencia máis profunda, chea de novas amizades e sentimentos amplificados, difíciles de colmar.

Para estar ben hoxe, necesito esa mochila, o esencial.

O autor

Javier Iglesias Ramos (1965, A Baña, A Coruña), graduouse en Fotografía Artística na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela no ano 1998.

Un dos seus proxectos máis destacados foi Sahara no Corazón, unha reportaxe sobre a vida nos campamentos de refuxiados saharauís en Tinduf, Alxeria; no ano 1998, publicouse o seu libro-catálogo. En 1999, foi finalista do III Premio de Creación Fotográfica “Luís Ksado” da Deputación da Coruña, cun traballo sobre a problemática da drogadicción; as súas fotografías seleccionadas foron parte dunha exposición itinerante. A violencia de xénero tamén espertou o seu interese cun proxecto exhibido na Galería de Arte Sargadelos en Santiago de Compostela no ano 2005 e que foi acompañado do libro de fotografía A Vida, con poesía de Lupe Gómez.

En xullo de 2014, levou a cabo dúas exposicións en Irlanda, durante o Galway Fringe Festival e o Kilkenny Arts Festival, co seu proxecto Scéalta Bruscar Sráide – Litter Bin Stories, unha recompilación de fotografías tomadas nos anos 2005 e 2006 na cidade de Dublín durante os anos dourados do “tigre celta”. En 2021, publicou o libro de fotografía PATIENTIA, unha obra que presenta unha visión poética do carácter irlandés a través da metáfora da turba e a súa cultura no oeste de Irlanda.

Foi galardoado e seleccionado en distintas ocasións, como na memoria dos premios de fotografía “Luís Valtueña” en Madrid en 1999, e na súa participación na XIX Fotobienal de Vigo no 2000.

 

 

Material expositivo

Tríptico