NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

KUMBH MELA

-
Manuel Valcárcel “Piro”

O baño da inmortalidade

«KUMBH MELA»

O baño da inmortalidade

Fotografías de Manuel Valcárcel «Piro».

Outros idiomas: English Español

Kumbh Mela vén do sánscrito e posúe un significado profundamente mitolóxico e simbólico dentro do hinduísmo. Kumbh significaría «xerra» ou «cántaro» e Mela «encontro» ou «reunión». Segundo a cosmogonía hindú, durante a batalla entre deuses e demos pola amrita (a xerra do néctar da inmortalidade), catro gotas caeron en Prayagraj, Haridwar, Nashik e Ujjain. Convertéronse así en cidades sacras nas que se celebra sucesivamente esta festividade.

O «Encontro do Cántaro», considerado o maior encontro relixioso do planeta, é tamén unha reunión para lograr o perdón dos pecados propios e os dos ascendentes en 88 xeracións mediante o snana (baño sagrado), e para romper co samsara, o ciclo das reencarnacións, e alcanzar así o moksha, a liberación do espírito.

Entre o 13 de xaneiro e o 26 de febreiro deste 2025, tivo lugar na cidade de Prayagraj un Kumbh Mela especial. Este evento adoita celebrarse cada 12 anos e, cando este ciclo coincide coa órbita completa de Xúpiter (12 ciclos de 12 anos), tórnase excepcional e denomínase Maha, é dicir, «gran». Manuel Valcárcel «Piro» recolleu un suceso que non se repetirá ata dentro de 144 anos; o último tivo lugar en 1881.

A EXPOSICIÓN

KUMBH MELA 1

Peregrino á beira do Ganxes ao seu paso preto de Haridwar, onde se celebrará o próximo Ardh («medio») Kumbh Mela, no 2027.

KUMBH MELA 2

Peregrinos chegando ao encontro a través do New Yamuna Bridge, en Prayagraj.

KUMBH MELA 3

Un sadhu, monxe asceta, camiña polos suburbios de Prayagraj.

 

KUMBH MELA 4

Un sadhu carga coas súas humildes pertenzas en dirección a Kumbh Nagri, a megacidade efímera que se erixe sobre unha chaira de 4.000 hectáreas.

KUMBH MELA 5

Un gurú («o que disipa a escuridade») co seu séquito chegan a bordo dun Rolls-Royce a Kumbh Nagri.

KUMBH MELA 6

O Naga Baba («sabio ancián») Ram Giriji Maharaji fuma charas dun chilum, pipa usada polos shadus.

KUMBH MELA 7

Naga Baba fuma charas dun chilum nunha cerimonia na honra de Shiva.

KUMBH MELA 8

Sadhu medita rodeado de peregrinos.

KUMBH MELA 9

Unha nena equilibrista acompañada da súa nai. Fan desta actividade un negocio onde conseguen gañar algúns cartos mentres animan e divirten os peregrinos. Algúns deles están durante as seis semanas que dura a celebración.

KUMBH MELA 9

Os suplicantes, por un pequeno donativo que non adoita superar as 100 rupias, reciben unha bendición e as cinzas do fogo dun Naga Sadhu.

KUMBH MELA 10

Sadhu dunha akhara (orde relixiosa) devota de Shiva durante o Ganga Aarti, a cerimonia de veneración do Ganxes. Segundo o hinduísmo, a deidade séntase sobre una pel de tigre durante a súa meditación nos Himalaias.

KUMBH MELA 12

Dentro dos ascetas, os Naga Sadhu son coñecidos por iren espidos ou con moi pouca roupa, cubertos de vibhuti (cinza) para simbolizar tanto a morte do ego como a conexión coa deidade.

KUMBH MELA 13

Hijira, consideradas un terceiro xénero.

KUMBH MELA 14

Ofrenda denominada diya ou deepak, ao río sagrado. A lapa é a luz divina.

KUMBH MELA 15

Sadhu celebra a chegada da choiva ao festival.
​​​​​

KUMBH MELA 16

Naga Sadhus nunha cerimonia á beira do Ganxes, co Daraganj Railway Bridge ao fondo.

KUMBH MELA 17

Baba posa impávido baixo do Shastri Bridge. Os sadhus seguidores de Shiva levan túnicas cor azafrán. Evocan así que foron bendicidos co sangue fértil de Parvati, consorte da deidade.

KUMBH MELA 18

Ao longo de 45 días, entre o 13 de xaneiro e o 26 de febrero, milleiros de persoas acoden ao festival.

KUMBH MELA 19

Naga Sadhu adornado con guirnaldas de caléndula, mostra de respeto e reverencia polo seu estatus espiritual.

KUMBH MELA 20

O 14 de xaneiro celebrouse o primeiro shahi snana, primeiro «baño real ritual», ao que acudiron 35 millóns de homes e mulleres. Segundo estimacións, durante o festival deste ano, reuníronse un total de 400 millóns de persoas.

KUMBH MELA 21

Naga Sadhus realizan o ritual do primeiro shahi snana no Sangam, lugar onde confluen o Ganxes, o Yamuna e o mítico Saraswati. Segundo os hindús, este 2025 o primeiro reborda vitalidade pola aliñación do Sol con Xúpiter e a Lúa, un acontecemento que sucede cada doce anos.

KUMBH MELA 22

Durante os shahi snanas, berran «Ghai Shree Ran!» (Salve a Deus!) ao tempo que verten auga mentres procuran a absolución do Ganxes.

KUMBH MELA 23

Unha muller, despois dunha grave enfemidade, ofrécese ao ritual do baño no Ganxes.

KUMBH MELA 25

Os hindús teñen a obriga de se bañaren unha vez na vida no Ganxes, unha relación espiritual que liga diferentes grupos de idade.

KUMBH MELA 25

O amrita ou néctar da inmortalidade.

 

 

 

 

Manuel Valcárcel «Piro»

piro

Manuel Valcárcel «Piro» naceu en Monforte de Lemos (Lugo) na primavera de 1975. Iniciou os seus estudos de fotografía en Lugo, na Escola de Artes Ramón Falcón, e comezou a súa carreira profesional no mundo da televisión, o que o levou a viaxar por todo o mundo cubrindo dende conflitos como a guerra de Irak, ata desastres naurais como o tsunami do Xapón e sucesos políticos, como o funeral de Nelson Mandela. Porén, as súas producións audiovisuais téñense centrado na condición humana e no interese das diferentes culturas. De aí nace o seu primeiro proxecto fotográfico, «Nómades» (2019), no que percorreu os cinco continentes na procura dos últimos pobos nómades do planeta, e «Destino» (2021), un proxecto intimista centrado en 5 peregrinacións.

Máis información

Folleto da exposición