De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A AVENTURA XACOBEA DE SIMÓN MARTEL
Da man de Compostela Ilustrada, por primeira vez o Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha exposición con deseños de cómic vencellada ao Camiño. Esta nova mostra xira arredor da publicación «A Aventura Xacobea de Simón Martel». Neste cómic, dous adolescentes, a moza Simón e o seu amigo Brais, deciden percorrer o Camiño na compaña dos tíos da primeira. Distintos personaxes reais vanse cruzando na súa peregrinación e van achegando á historia novos perfís e ideas. Nesta publicación móstrase os valores do Camiño, así como a importancia do mesmo ao longo de distintos períodos históricos, dándolle unha perspectiva internacional a través dos personaxes que se van presentando en cada páxina.
Simón Martel é unha intrépida adolescente, que vive rodeada por amigos e parentes que a acompañan nas súas aventuras. Creado en 1994 polo deseñador e debuxante Fausto Isorna, publicáronse xa seis álbums coas súas peripecias, o último sobre o Camiño de Santiago. De carácter sociable, alegre e positiva sempre está a buscar un misterio por resolver ou unha experiencia por vivir. A día de hoxe, é o único personaxe feminino con serie propia que existe na historia do cómic galego.
«A aventura Xacobea de Simón Martel» contou con dúas partes. A primeira narra o percorrido dende O Cebreiro ata Santiago, mentres que a segunda se centra na peregrinación ata Fisterra.

Simon Martel é un personaxe do cómic galego cunha longa traxectoria, pois xa leva protagonizados sete libros. Naceu no ano 1994, no álbum «A irmandade dos lectores tristes», escrito por Aníbal Malvar e debuxado por Fausto Isorna. Pouco despois uníuselles o guionista Rober Méndez, desta colaboración xurdiron «Flores dende Hiroshima», «No nome da amada morta» e «A maldición dos Velasco», convertendo a Simón no primeiro personaxe da historieta galega cuxos libros se editaban comercialmente.
Despois dunha paréntese de varios anos, Simón volveu á acción nos álbums «Están vivas!» (2006) e «Enigma soterrado» (2009), con guión e debuxos de Fausto. «Camiño de Santiago. As aventuras xacobeas de Simón Martel» realizouse para celebrar o Xacobeo 2021-2022. Completouse en 2024 co relato da fin da viaxe.
Un ano máis o Museo das Peregrinacións e de Santiago colabora con Compostela Ilustrada acollendo unha nova exposición de ilustracións e debuxos que miran o Camiño desde unha óptica artística, moderna e contemporánea.
A mostra «O Camiño en viñetas», é unha producción de Turismo de Galicia, coordinada por Compostela Ilustrada. Entre os seus autores e produtores están Gemma Sesar, quen se encargou do argumento, Fausto Isorna, debuxante e o ilustrador Pablo Rosendo, quen colaborou facendo as acuarelas e a cor da primeira parte.
Acceso libre e gratuíto ás salas no horario de apertura do Museo.
Toda a información adicional en Compostela Ilustrada.
