De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Esta exposición concíbese como testemuña do Museo das Peregriancións e de Santiago na inauguración da futura nova sede do museo, no edificio do antigo Banco de España na praza de praterías e que foi concibido como a ampliación do MDPS.
A exposición é a linguaxe propia do museo. Paso a paso sintetiza a esencia e a transcendencia da actividade do MDPS, a esencia da súa mensaxe e a transcendencia dos seus logros. É tamén unha declaración de intencións: paso a paso, seguir facendo un bo camiño.
Xunto con pezas dos fondos do museo móstrase a obra do artista Gabriel Díaz: tres camiños, once pasos I, II. Camiñar once pasos e facer unha foto. Camiñar outros once, e facer outra foto. Once pasos máis, e unha foto…, durante máis de 5.000 km de camiño.
Gabriel Díaz percorreu a pé, ao longo de seis anos, as principais rutas xacobeas de toda Europa para crear a súa obra videográfica: que durante os anos 2010 e 2011 foi exposta en edificios moi significativos dos diferentes Camiños, tanto en España coma en Europa establecendo un diálogo entre o patrimonio arquitectónico vinculado ao Camiño de Santiago e a creación artística contemporánea. Este proxecto expositivo, innovador e de implicación transnacional, “Os Camiños de Santiago no Camiño de Santiago” foi posible grazas á colaboración entre a Fundación Arg Art e o Museo Das Peregrinacións e de Santiago.