De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
O Museo das Peregrinacións acolle -dentro do programa expositivo "Peregrinacións no Mundo"- as fotografías que, sobre o culto a Santiago, o audaz obxectivo de Cristina García Rodero recolleu en Haití durante os últimos anos. Estas imaxes sorprendentes, cargadas dunha plasticidade asombrosa, móstrannos unha tradición que resulta estraña e incluso incomprensible ós ollos occidentais, pero tan rica en espiritualidade coma en contido cultural.
Nos territorios setentrionais da illa haitiana, celébrase o 25 de xullo cunha peregrinación á Lagoa de Santiago na que supostamente reside o espírito do santo. A esta poza de lama tíranse os peregrinos cando entran en transo, nela verguen as súas ofrendas e realizan os seus sacrificios de sangue; con estes ritos ancestrais imploran unha gracia ou corresponden un favor concedido. O culto ó Apóstolo toma en Haití unhas formas sorprendentes. A idea de Santiago como aliado dos conquistadores conxugada coa iconografía do santo da cabalo, matando herexes, causa admiración ós indíxenas que o asimilan inmediatamente á divindade indíxena da guerra -lwa Ogou-. Os cerimoniais propios do vodú aportados polos escravos provintes, na súa meirande parte, do Golfo de Guinea, prevalecen e ocultan calquera albisco dos rituais católicos do culto ó Apóstolo.