De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A ciencia, a gran peregrina
Exposición colectiva internacional. Sorprendentes imaxes das últimas investigacións acerca da biofísica da auga e a súa relación.
Ante nós o fascinante mundo da auga. As investigacións que lle presentamos son unha mesma peregrinación detrás das forzas da vida, xa sexa como ciencia ou como a manifestación dela en forma de arte na delicada harmonía da natureza.
Durante anos, científicos e pensadores de todo o mundo, preguntáronse se Descartes foi a liña máis curta ate chegar ao campo unificado. Están a quedar atrás moitos anos de utilización perversa de fondos multimillonarios na investigación interesada de novos armamentos. Hoxe a ciencia quere, necesita, volver estar ao servizo da humanidade.
Esta exposición é un acto de recoñecemento aos investigadores conscientes de que foron e son capaces de se faceren preguntas audaces.
Os investigadores que participaron foron:
Minnie Hein: “A esencia detrás da aparencia”, e “A auga como espello da orde e da desorde”
Ruth Kübler: “O fenómeno na gota consciente”
Inge Just-Nastansky: “A linguaxe silenciosa da vida. Transformacións na auga”
Alexander Lauterwasser: “Auga. Son. Imaxes. Vibración e creación”
Wolfram Schwenk: “O caos sensible. A linguaxe escondida da corrente”
Wilhelm Höfer: “Medir a conciencia da vitalidade”
Masaru Emoto: “A auga contén memoria. As mensaxes da auga”