De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Corazón do Camiño
O Museo das Peregrinacións volve a render tributo ao Camiño Kumano, vía milenaria do Xapón, ó que o Museo xa dedicou unha exposición no ano1999.
“Totsukawamura. Corazón do camiño”, de Luís Alonso Ocaña plasma os monumentos e a impresionante paisaxe natural que protexe este Ben Patrimonio da Humanidade desde 2004.
O Camiño Kumano está constituído por un tecido de diversos ramais que cobren a península de Kii, situada na meirande illa do arquipélago xaponés. A súa tradición, máis de 1200 anos de pegadas de milleiros de camiñantes, convérteno nunha das principais arterias niponas, enriquecido ademais a cada paso por templos, monumentos, e unha magnífica paisaxe de montañas, mananciais, ríos...
A exposición, que se inclúe no programa “Peregrinacións no Mundo”, complétase cun catálogo no que destaca a colaboración do artista xaponés Munehiro Ikeda, autor dun libro ilustrado sobre Camiño de Santiago no que plasma as súas experiencias nas rutas xacobeas.
As instantáneas de Alonso Ocaña mostran a paisaxe como un elemento intrínseco da peregrinación, xa que no camiño conviven budismo e xintoísmo, dúas relixións respectuosas co medio, pero especialmente o xintoísmo, crenza netamente xaponesa que profesa a adoración aos espíritos da natureza.