NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

A VIAXE

-
Gabriel Díaz, Sophie Whettnall, Ignacio Pérez Jofre

Novas peregrinacións

Exposición conxunta entre o Museo das Peregrinacións e o CGAC.

As cerimonias rituais de moitas prácticas artísticas contemporáneas supoñen unha especie moi particular de recreación do mundo. O obxectivo desta exposición non é tratar o feito da peregrinación dende o punto de vista relixioso como dende o punto de vista antropolóxico, e –derivado desa dimensión– artístico.
A través da exposición A viaxe: novas peregrinacións trátase de experimentar e recrear o mundo dende o punto de vista do mítico, dunha forma actual e con linguaxes contemporáneas que representan unha idea da peregrinación presente.

Cada unha das pezas seleccionadas ou producidas para esta exposición interroga a realidade dende a perspectiva da disciplina, reflexiona sobre a natureza da experiencia e mostra camiños de comuñón e fusión co contorno. Tamén supón un encontro con diferentes paisaxes nas que hai algo latente susceptible de ser espertado. Como tamén hai algo latente en cada un dos artistas que se sitúan dun xeito especial diante das tarefas que requiren cada un dos traballos presentes na exposición, porque neles hai algo susceptible de ser espertado. Na encrucillada desas dúas potencialidades, na paisaxe e no ser de cada un dos artistas, é onde se produce ese espazo simbólico que esta exposición debuxa.