NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

XacobeAndo

-
Consellería de Política Social e Xuventude

A Xunta de Galicia pon en valor o traballo e as experiencias do voluntariado que participou no programa ‘XacobeAndo. Voluntariado Europeo no Camiño’ a través desta mostra. Esta conta con material audiovisual e cunha selección de fotografías que recollen as experiencias que viviron os voluntarios, así como diferentes ligazóns web —con códigos QR— que permiten acceder os seus testemuños, coñecer as entidades sociais que formaron parte deste programa, contemplar algúns dos produtos que elaboraron os equipos e coñecer a repercusión que o programa tivo na prensa.

O proxecto ‘Xacobeando’ achegou a Galicia entre os meses de xullo e outubro do ano 2022 a preto de 80 mozos de 18 a 30 anos de idade procedentes de oito países: España, Portugal, Italia, Grecia, Eslovaquia, Estonia, Lituania e Letonia. Estes voluntarios desenvolveron numerosas actividades en distintos puntos das sete rutas principais do Camiño de Santiago. En concreto, os diferentes equipos actuaron nos seguintes concellos: Santiago de Compostela, Triacastela, Ribeira e Valga, Tui, Pontevedra, Lalín, Xinzo de Limia, Arzúa, Palas de Rei, Ferrol, Neda, Baleira, Lugo, Chantada e A Rúa.

As actividades centráronse en oito ámbitos de actuación: Camiño Inclusivo, Camiño Seguro, Camiño Sostible, Camiño Xacobeo, Camiño Hospitalario, Camiño Cuerpo Europeo de Solidaridad, Camiño Intercultural e Camiño Dixital. As intervencións realizadas incluíron proposta de sensibilización ambiental, de promoción do patrimonio cultural e natural, e de acompañamento e integración de colectivos de persoas con necesidades especiais, entre outras.