Exerce como fotógrafo profesional dende 1989, móstrase particularmente interesado pola cidade de Santiago, o seu patrimonio e a súa peregrinación. Proba disto é a súa labor como fotógrafo responsable do departamento de publicacións e exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia entre 1996 e 2005. Recibiu numerosos premios ó longo da súa carreira, entre eles, o máis recente, o Premio Nacional de Fotografía Lux de Oro no 2006 na categoría de retrato. Entre as súas publicacións, ademáis de numerosos catálogos turísticos ou de exposicións e de reportaxes en conocidas revistas, destaca o libro fotográfico Hacia Santiago (2003) sobre os camiños de Santiago en Galicia.