NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

CICLO DE CONFERENCIAS ‘SANTIAGO, HISTORIAS DUN CAMIÑO PRODIXIOSO’

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o ciclo de conferencias ‘Santiago, historias dun camiño prodixioso’ dirixido por Isabel San Sebastián. Conferencias dedicadas á Ruta Xacobea desde a Historia e a novela histórica que contará coa participación de escritores referentes do xénero e autores de best sellers relacionados coa temática xacobea baixo a dirección de Isabel San Sebastián.

Organizado pola asociación Escritores con la Historia e patrocinada pola Xunta de Galicia, as conferencias celebraranse no auditorio do Museo con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
A entidade organizadora, formada por un grupo de escritores e historiadores españois, traballa por difundir a Historia de España a través da novela histórica combinando Historia e ficción con rigorosidade polos feitos acaecidos coas ferramentas propias da narrativa. O obxectivo é ligar a Historia e Literatura a través de seminarios, cursos universitarios ou ciclos de conferencias de xeito ameno e atractivo para o gran público.

O ciclo ‘Santiago, historias dun Camiño prodixioso’ enmárcase nas distintas actividades conmemorativas do 70 aniversario do Museo das Peregrinacións e de Santiago, que inclúe unha programación variada e dirixida a todas as idades. A Xunta busca así fomentar o papel estratéxico do Museo na divulgación xacobea, especialmente coincidindo co dobre Ano Santo que se celebra en 2021 e 2022.

Inscripción en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal 

PROGRAMA

Luns 27 de setembro ás 19h
Conferencia
Alfonso II, o primeiro peregrino’, por Isabel San Sebastián

Isabel San Sebastián (Santiago de Chile, 1959) será a encargada da charla inaugural, titulada ‘Alfonso II, o primeiro peregrino’. Xornalista e escritora, traballou en numerosos medios de comunicación en prensa, radio e televisión, ademais de publicar máis dunha decena de libros. Nos últimos anos afondou na temática xacobea coas novelas ‘La Peregrina’, que relata a aventura que deu orixe ao primeiro Camiño de Santiago, pola que obtivo o Premio Internacional Pentafinium Jacobeo de Literatura, e ‘Las Campanas de Santiago’, publicada en 2020 e que retrata a Compostela de 997.

 

Martes 28 de setembro ás 19h
Conferencia
‘Os cabaleiros de Santiago’, por Antonio Pérez Henares

Antonio Pérez Henares, escritor e xornalista (Guadalajara, 1953) presenta a conferencia ‘Os cabaleiros de Santiago’. Recoñecido polas súas obras prehistóricas ‘Nublares’, ‘El hijo de la Garza’, ‘El último cazador’, ‘La mirada del lobo’ e  ‘La canción del Bisonte’, tratou a Historia medieval en novelas como ‘La tierra de Alvar Fáñez’ e ‘El rey pequeño’.

A súa última novela do xénero é ‘Cabeza de vaca’, sobre a figura do conquistador español que cruzou a pé Florida ata o Pacífico e México. Escribiu tamén varios libros de viaxes e é, ademais, presidente da Asociación Escritores con la Historia. 

 

Mércores 29 de setembro ás 19h
Conferencia
‘Os meus Camiños de Santiago’, por Juan Eslava Galán

Juan Eslava Galán (Arjona, 1948), autor de obras como o Premio Planeta ‘En busca del Unicornio’, será o terceiro autor en participar neste ciclo coa conferencia ‘Os meus Camiños de Santiago’.

A súa carreira como escritor suma un cento de libros principalmente novelas e ensaios históricos. Entre as súas primeiras novelas destacan ‘El comedido hidalgo’, con ecos cervantinos da España de finais do século XVI, ou ‘La mula e Señorita’, ambas con tramas que se desenvolven durante a Guerra Civil Española. Tamén publicou baixo o pseudónimo de Nicholas Wilcox. Os seus últimos libros son ‘Una historia de la Guerra Civil’ ou ‘La Conquista de América Contada para Escépticos’.

 

Xoves 30 de setembro ás 19h
Conferencia
‘O Camiño e a aventura de Europa’, por Emilio Lara

Emilio Lara (Xaén, 1968) e a súa conferencia ‘O Camiño e a aventura de Europa’ poñen fin ao ciclo de conferencias. Emilio Lara é doutor en Antropoloxía, licenciado en Humanidades con Premio Extraordinario de Grao, Premio Nacional Fin de Carreira e profesor de Xeografía e Historia de Ensinanza Secundaria. Na súa traxectoria literaria publicou catro novelas: ‘La cofradía de la Armada Invencible’, ‘El relojero de la Puerta del Sol’, ‘Tiempos de Esperanza’ e ‘Centinela de los sueños’, que o fixeron merecedor de numerosos premios.

Ligazón para visualizar as conferencias en streaming https://www.youtube.com/user/conselleriadecultura/videos?view=2&live_vie...

Canal deYoutube da Conselleria de Cultura