NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

CONCERTO: CHACONA. A CANCIÓN DE SANTIAGO

CHACONA. A CANCIÓN DE SANTIAGO
CONCERTO
RESONET. DIRECCIÓN: FERNANDO REYES

7 de xullo de 2022 ás 21:00 h 
Catedral de Santiago de Compostela
(Acceso desde as 20:30 pola Porta de Praterías)

Retirada de invitacións

A chacona

A chacona é un dos máis sólidos elementos históricos que contribúen a dar unidade ao mundo occidental. Forma musical, danza, estructura constructiva presente durante séculos en todos os ámbitos da sociedade Europea e Americana é considerada un dos tesouros que a cultura barroca
legou de forma permanente ao patrimonio universal.

A chacona foi recreada por prácticamente todos os compositores e compositoras de durante máis de dous séculos. Monteverdi, Haendel, Vivaldi, Bach, entre moitos outros, compuxeron chaconas que hoxe son consideradas entre as máis grandes obras de arte da humanidade. Nese tempo, todas as persoas que cantaban e tocaban nos templos, nos teatros, nos palacios, nas casas, nas prazas de toda Europa e América coñecían, improvisaban e interpretaban chaconas.

Investigadores de todo o mundo buscaron dende o século XIX as orixes da chacona. A teoría máis aceptada foi, ata hoxe, que viña de América. 

No ano 1456, uns nenos cantaban e danzaban unha cantiga na catedral de Santiago. Era un canto sinxelo pero cunha forza emotiva e refinamento descomunal. Era un deses cantos que non se poden esquecer. O peregrino inglés William Wey estaba alí e copiouno no seu diario. Esa é a primeira chacona escrita. O canto de Jaco, de Tiago, de Santiago. O Camiño de Santiago foi a vía pola que o canto de Santiago chegou a todos os rincóns do mundo cristián, inicialmente nas voces de peregrinos e peregrinas e nas súas guitarras.

A chacona é o maior conxunto patrimonial relacionado con Santiago de Compostela e os seus camiños descuberto nos últimos 100 anos. 

O concerto

Neste concerto, que inicia unha serie de iniciativas que celebrarán esta descuberta, RESONET, o grupo profesional de Música Antiga máis prestixioso de Galicia, presenta un apaixonante percorrido por algunhas das chaconas máis coñecidas e outras que quedaron esperando nos
arquivos ata hoxe. 

Acompañados pola Escolanía da catedral de Santiago e o Obradoiro de Música Tradicional Ultreia os instrumentistas e cantantes de RESONET interpretarán por primeira vez despois de 5 séculos o canto Sante Jaco a Compostel no mesmo lugar no que o recolleu Wey e, con el, outras chaconas que son mostra da infinita riqueza que agora se achega, para integrarse definitivamente, ao apaixonante universo do patrimonio xacobeo.

Santiago de Compostela foi e segue sendo fonte de inspiración artística e espiritual. A chacona é unha das súas grandes aportacións ao patrimonio universal, ata hoxe descoñecida como tal.

RESONET:
Mercedes Hernández: soprano
David Sagastume: contratenor 
Manuel Tojo: tenor 
Andrew Robinson: barítono

Paulo González: frautas, zanfona 
Sergio Heredia: violín barroco
Jordi Agelaga: frautas, oboe barroco, chirimía
Noemí Martínez: tiorba, guitarra barroca
Arquímedes Artal: violón 
Carlos Castro: salterio, percusión.

FERNANDO REYES tiorba, guitarra barroca
Dirección e arranxos musicais. 

Coa colaboración de:
Rosana Domínguez: soprano 
Miguel Ulla: contratenor 
Manuel Tojo: tenor 
Ignacio Gómez Casarese: barítono

ESCOLANÍA DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
dirección: José Luis Vázquez

Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

PROGRAMA