NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Concerto de Tiago Matias

O músico portugués ofreceranos unha selección de pezas para guitarra barroca sacadas do Códice de Coimbra con outras coetáneas ao manuscrito.

Martes 6 de xuño, 20:00 h.

Auditorio do Museo.

Entrada libre ata completar capacidade.

Filipe Faria (c)
Filipe Faria (c)

Programa

Tras un traballo de recollida e transcrición do coñecido como Codex Coimbra (Manuscrito Musical 97 da Biblioteca Xeral da Universidade de Coímbra - Cifras De Viola Por varios Autores Recolhidas Pelo Licenciado Joseph Carneyro Tavares Lamacense), Tiago Matias proponnos un repertorio para guitarra barroca que establece un diálogo entre o manuscrito coa música europea contemporánea ao mesmo.

Algúns dos xéneros presentes no citado códice, como o cubanco, a capona, a alemanda ou o ‘vermellãou’, dialogan coas obras instrumentais máis comúns na Europa dos séculos XVII e XVIII, e coas cales se mesturan. Así, en paralelo co repertorio do Códice, preséntanse o Preludio, a Ciaccona, a Mariona, a Allemande e o Passacalle ou Fandango de Francesco Corbetta, Francisco Guerau, Robert de Visée, Gaspar Sanz e Santiago de Murcia, compositores icónicos do período barroco, con obra amplamente difundida tanto na actualidade como no seu tempo.

 

  • Prelude, Robert de Visée (1655 – 1732/1733)    
  • Cubanco 7º Tom (M.M.97, s. XVII - XVIII)*
  • Ciaccona, Francesco Corbetta (c. 1615 – 1681)                     
  • Marionas, Francisco Guerau (1649 – 1722)    
  • Capona 5º Tom de Sylva (M.M.97, s. XVII - XVIII)*
  • Allemande, Robert de Visée (1655 – 1732/1733)    
  • Alemanda de Pepo Licete (M.M.97, s. XVII - XVIII)*
  • Passacaille, Robert de Visée (1655 – 1732/1733)            
  • Rojão 1º Tom de Marques (M.M.97, s. XVII - XVIII)*
  • Folias, Gaspar Sanz (1640 - 1710)
  • Meninas de Montemor 1º tom de Sylva (M.M.97, s. XVII - XVIII)*
  • Fandango, Santiago de Murcia (1673 - 1739)            
  • Sarambeque 4º Tom de Abreu (M.M.97, séc. XVII - XVIII)*

 

(*) Arranxo e transcrición: Tiago Matias

Tiago Matias: guitarra barroca

Biografía

Filipe Faria (c)
Filipe Faria (c)

Nado en Aveiro, Tiago Matias completou no 2002 o Grao Medio de Guitarra no Conservatorio de Música de Aveiro Calouste Gulbenkian, no que obtivo unha clasificación máxima de 20 valores no exame final de guitarra. No 2005 licenciouse en guitarra na Escola Superior de Música de Lisboa. Como bolseiro Erasmus estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid durante o curso académico 2003/2004.

Foi galardoado en varios concursos de guitarra, incluído o terceiro premio no Concurso Legato (O Porto, 2000) e o primeiro premio en “Música en Compostela” (Santiago de Compostela, 2004).

En 2005 inicia o estudo de instrumentos de corda pulsada-tiorba, laúde, viola e guitarra barroca, cos cales colabora habitualmente cos conxuntos “Divino Sospiro”, “Segreis de Lisboa”, “Orquestra Sinfónica Portuguesa”, “Ludovice Ensemble”, “Sete Lágrimas” e “Coro y Orquestra Barroca da Casa da Música”, entre outros.

Gravou 16 discos con algúns destes grupos e tocou nas mellores salas de concertos e festivais de música de Europa e Asia.

En 2012, con Filipe Faria, fundou Noa Noa, grupo que edita en 2014 Língua, o seu primeiro disco, que é o disco de música clásica máis vendido en Portugal ese ano. Seguíronlle Língua 2 (2015), En la mar (2016) e Palavricas d’amor (2017).

No 2021 grava e edita o seu primeiro disco a solo -Cifras de Viola- con obras inéditas do Manuscrito Musical 97 da Biblioteca General da Universidade de Coimbra. O disco foi un dos 4 nomeados aos Premios Play Vodafone nese ano, na categoría de mellor disco de música clásica/erudita.

En 2023 grava e edita Sospiro, con música portuguesa do século XVI transcrita para viola. Sospiro é a primeira gravación a solo para viola de música portuguesa. Edita tamén as tablaturas e partituras que gravou en libro, con AVA Editions.

Como pedagogo, dirixiu 'masterclass' de laúde e guitarra, impartindo os mesmos instrumentos no Conservatorio de Música Aveiro Calouste Gulbenkian, Escuela de Artes de Bairrada e Conservatorio Nacional (Lisboa).

É director artístico do Quartel das Artes (Oliveira do Bairro) desde xaneiro do 2018 e actualmente está a cursar un doutoramento en Estudos Artísticos na Universidade de Coimbra.

República Portuguesa