De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Comezamos o Día das Bibliotecas, 24 de outubro de 2024, celebrándoo nas redes sociais do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O lema deste ano é «Por un futuro sostible».
As bibliotecas, grazas as súas coleccións e servizos gratuítos, axudan a construír unha sociedade cada vez mellor informada, solidaria e xusta, en loita contra calquera tipo de desigualdade.
Que mellor forma de festexalo que regalando libros! Visita a nosa sede de Praterías, a partir das 11.30, e adopta un dos exemplares que liberaremos!
Tamén estreamos centro de interese na nosa sala de consulta: A inventio. A inventio xacobea é un dos piares dos mitos e a tradición do culto ao apóstol Santiago. Segundo esta, a revelatio recíbena un ermitán, Paio, que observa unhas estrañas luminarias nun cemiterio abandonado; e o bispo de Iria, Teodomiro, que, tras varios días de xexún e meditación, visita o lugar e recoñece alí o sepulcro apostólico (inventio). Segundo a tradición, este será a orixe da cidade de Compostela e da peregrinación.
Se che interesa, vén á nosa biblioteca! Fixemos unha escolma da bibliografía sobre o tema.
O noso horario é de luns a venres, de 9.00 a 14.30 h.
Feliz Día das Bibliotecas 2024!