NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

A temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é “Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible nos museos”, serviunos para reflexionar e intentar transmitir á cidadania que os museos poden servir de axentes de mediación e reconciliación entre os pobos.

A programción do MDPS pretende crear un espazo de reunión cultural con diversos elementos propios dos mundos hebreo e árabe que, mesturados co galego e todas as pezas da Colección, ofrecerán unha visión do Museo acorde coa súa filosofía integradora e multicultural. A través da música, a danza, os contos e mesmo a gastronomía, as persoas que nos visiten poderán apreciar aspectos positivos de cada unha destas culturas frente a outros aspectos máis controvertidos e mediaticos. Deste xeito buscamos achegar ao público as culturas que teñen cabida nas historias que narra o museo a través das súas pezas.

Xoves 18 de maio

Xornada de Portas Abertas / Entrada gratuíta.

Concerto de Kentokaki, Música klezmer + Degustación de doces hebreos
19:00h / Entrada libre para todos os públicos.
O grupo musical Kentokaki, ―cuarteto composto por clarinete, guitarra, baixo e batería― interpretará temas propios da música klezmer, un dos xéneros musicais tradicionais dos xudeus asquenazíes, achegándonos as manifestacións máis recentes da música tradicional hebrea.

Despois do concerto haberá unha degustación de doces hebreos.

Venres 19 de maio

Obradoiro danzas tradicionais do mundo
18:30h / Imparte: Pilar Conde. Duración: 1 h. Gratuíto, para todos os públicos con inscrición previa no tel. 881 913 055.
A danza é unha das manifestacións da cultura popular máis antigas que existen. Danzas europeas, hebreas, árabes… servirán para facer unha sinxela e particular inmersión nas súas respectivas culturas.

Camiños e contos da tradición popular. Celso Fernández Sanmartín
20:00h / Entrada libre para todos os públicos.
Os contos viaxan e percorren camiños e traspasan fronteiras conectando culturas. O narrador galego Celso Fernández Sanmartín, nese constante peregrinar polos camiños da tradición popular convértese nesta ocasión en mediador entre culturas, revelando segredos e amosando metáforas que o público tratará de desvelar.

Sábado 20 de maio

Suleiman e Salúa, por Ali Ali + Degustación de doces árabes
18:00h / Entrada libre para todos os públicos.
O artista Ali Ali contarános unha historia cargada da maxia oriental que nos remite á súa infancia vivida en Siria. Tamén gozaremos das súas ilustracións tendo a posibilidade de contar cun dos orixinais.

Como colofón unha degustación de doces típicos elaborados por Muna Doueihi, cociñeira de orixe libia, que explicará a composición das receitas e os modos de elaboración.