De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
O Museo das Peregrinacións e de Santiago ten programadas varias actividades para satisfacer os intereses do público que nos visita.
Entre o 18 e o 21 de maio, esta institución propón unha serie de actos e actividades que afondan no lema do Día Internacional dos Museos deste ano: museos, sostibilidade e benestar. Os museos contribúen de maneira importante ao benestar e desenvolvemento sostible das nosas comunidades, polo que ao longo de tres días o MdPS unirase coas persoas para lograr un obxectivo común: un futuro sostible.
Obradoiro de estampaxe floral
Beatriz Rocha (deseñadora de The Figbees)
11:30 h a 13:30 h / Soportais do Museo
Todos os públicos (os menores deberán estar acompañados)
Un xeito de levar enriba un anaco de natureza. Cada participante elabora composicións vexetais únicas que estampará nunha bolsa de tea ou tamén nun pano de man, que poderá levar consigo. Durante aproximadamente dúas horas, ofreceráselle un obradoiro aberto ás persoas que desexen pasar un anaco divertido e creativo en contacto con elementos naturais.
Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres
César Lema (biólogo)
11:00 h a 13:30 h / Rúas da zona vella de Santiago e Museo
Todos os públicos
25 persoas
Necesaria inscrición en reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal ou no 881 867 401
Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.
Concerto de música coral: Coro da Ra
19:00 / Soportais do Museo
Todos os públicos
Coñecidos son os beneficios que pode ter a música, mais cando un conxunto coral canta en harmonía prodúcese unha especie de empatía que convida a querer sumarse con el. Desde os soportais do Museo, o Coro da Ra ofreceralle á cidadanía un concerto no que tamén incluirán referencias musicais á sostibilidade da natureza.
Obradoiro de construción de zoadeiras
Mauro Sanín (músico da Central Folque)
11:00 h a 13:00 h / Soportais do Museo
Todos os públicos (os menores deberán estar acompañados)
A acción humana sobre a natureza está favorecendo a desaparición de polinizadores como as abellas e abellóns. Imos evocar estes imprescindibles insectos construíndo uns aparellos, as zoadeiras ou bramadeiras, que recrean o seu zoar, e aprenderemos detalles sorprendentes sobre a utilización deste instrumento. Como curiosidade, dicir que se atoparon restos arqueolóxicos deste instrumento con miles de anos de antigüidade.