NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

MUSEO EN FAMILIA 2023

Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.

Estas actividades están impulsadas pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).

Nesta nova edición de Museo en Familia contamos coa colaboración da Fundación Andrea, coa que se levarán a cabo diversos obradoiros no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), polo que estas actividades serán pechadas para os nenos e nenas alí ingresados. Do mesmo xeito, contamos coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados.

Abrimos, un ano máis, unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro, que nos permitirán achegar e facer máis accesible o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e, ás veces, tan descoñecido.

SETEMBRO
23/09/2023
Obradoiro: Materiais de partida

11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
[Obradoiro con interprete de signos]

A través das obras expostas no museo iremos coñecendo as materias primas coas que foron feitas. Ao longo do paseo iremos completando un caderno coas nosas observacións. Remataremos co achegamento físico a algúns deses materiais e mesmo poderemos tocalos, ben como elemento natural, ben como obxectos rematados.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

30/09/2023
Obradoiro: Unha barca, un corvo, dúas viaxes
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)

Neste obradoiro coñeceremos as dúas peregrinacións que son Patrimonio da Humanidade a través dos seus selos: Camiño de Santiago e Kumano Kodo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

OUTUBRO
07/10/2023

Obradoiro: Cunchas no balcón
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos

Que fan unhas cunchas nun balcón? Neste obradoiro traballaremos sobre as peculiares vieiras procedentes da Vía da Plata e do seu curioso emprazamento na exposición.  
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

14/10/2023
Obradoiro: Quebracabezas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
[Obradoiro con interprete de signos]

Durante esta actividade reconstruiremos cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

21/10/2023
Obradoiro: Familias no Museo
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos

Neste obradoiro coñeceremos de primeira man a diversidade de familias representadas en pezas do museo e remataremos realizando unha obra da nosa propia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

28/10/2023
Obradoiro: Roupas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos

Nesta actividade coñeceremos a evolución da indumentaria dos peregrinos e peregrinas ao longo da historia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

NOVEMBRO
04/11/2023

Obradoiro: Roupas
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)

Nesta actividade coñeceremos a evolución da indumentaria dos peregrinos e peregrinas ao longo da historia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

Lectura interrompida
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

11/11/2023
Obradoiro: Quebracabezas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos

Durante esta actividade reconstruiremos cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

Lectura interrompida
11:30 – 13:00
Todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

18/11/2023
Concerto: Cancioneiro do Camiño
Manoele da Felisa
18:00 – 19:30
Público recomendado: concerto familiar
[Entrada libre ata cumprir capacidade do auditorio do museo]

Gozosa charla cantada con Manoele de Felisa na que nos desvelará algunhas historias xacobeas.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

Lectura interrompida
18:00 – 19:30
Todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

25/11/2023
Obradoiro: Familias no Museo
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
[Obradoiro con interprete de signos]

Neste obradoiro coñeceremos de primeira man a diversidade de familias representadas en pezas do museo e remataremos realizando unha obra da nosa propia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

Lectura interrompida
11:30 – 13:00
Todos os públicos

Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino

DECEMBRO
02/12/2023
Teatro: A viaxe feliz de Ramón Sanfiz
Fantoches Baj

18:00 – 19:00
Público recomendado: teatro familiar
[Entrada libre ata cumprir capacidade do auditorio do museo]

Fantoches Baj e os seus monicreques levarannos de viaxe ata Santo André de Teixido.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure

 

INSCRICIÓNS

Cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal